In memoriam: cancións e discos para os mortos. (Listaxe incompleta)

 

artigo 1

Bon Scott (1946 – 1980). Fonte; https://clasicosdelrock.wordpress.com

 A única verdade constante e inalterable é a morte. Nas súas múltiples variantes erradica a todas as persoas por igual. Dá igual inimigo ou amigo, un ser querido ou un descoñecido, un famoso ou don ninguén. Tampouco entende de clases nin de idades. De momento non se pode subornar, polo que a gadaña barrenos tarde ou cedo. Algunhas das preguntas que nos roldarán pola cabeza será como ou simplemente se nos recordarán! Se entre as persoas afíns hai músicas, é probable que nalgunhas notas, acordes ou letras poidamos estar presentes. Para mostra, varios exemplos (acéptanse novas incorporacións ou afondar nas que xa existen)

De cara a que sexa máis lixeiro ler o seguinte artigo, axuntamos a play list correspondente. Pinchade aquí.

 “Back in Black”, AC/DC, 1980

“Back in the back of a Cadillac”

A noite do 18 ó 19 de febreiro de 1980 o alcohol volveu a gañar. Era a primeira, pero a última vez que a bebida vencía a Bon Scott, vocalista de AC/DC. Houbo moitas teorías ó respecto. Nin broncoaspiración, nin por consumo de heroína. Tan só lle daba ó alcohol. Isto débese á desaparición, ata fai uns anos, do compañeiro de “farra” do cantante esa noite. Ese é Alistair Kinnear. Non coñecía os problemas de fígado de Scott, nin tampouco que se estivese saltando as últimas citas co médico. Era una noite máis. Deixouno recostado, a durmir no seu coche cunha dirección e número de teléfono para cando espertase. Sobre as sete da tarde o descubriría, inconsciente.  A morte oficial, intoxicación etílica aguda. Kinnear sentiríase, en parte, culpable do acontecido.

Para os integrantes do grupo foi un mazazo. Dentro da fama de inmortalidade dos rockeiros, pensaban que volvería. Así actuaba noutros momentos, cando só o vían de concerto en concerto. Esta vez non.  A súa propia autopista cara o inferno levou a Brian Johnson, antigo cantante de Geordie, a integrarse no grupo. Ata Scott falaba ben del. O resultado foi o disco mencionado, cunha portada negra, como forma de honrar á memoria de Scott.  No caso das cancións, en ningunha aparece como autor.

“Elisabeth on the bathroom” e “Baby Genius,” Eels, Electro-Shock Blues, 1998.

O líder de Eels, Mark Oliver Everett, é unha rara avis na súa familia. Segue vivo. O seu pai -Hugh Everett III -, científico e vilependiado no seu tempo pola comunidade a causa da teoría dos Mundos paralelos, morreu dun ataque cardíaco no 1982. Foi unha das poucas veces que Everett o tocou, para reanimalo. É ese “Baby Genius”. A súa nai, no 1998, tras unha infrutuosa loita contra un cancro de pulmón tamén dixo adeus. Pouco ou moito queda reflectido en “Cancer to Cure”, do mesmo álbum. Incluso unha prima morreu no 11-S. Ía de azafata do voo nun dos avións que fixeron estrelar contra o Pentágono. Pero, sen dúbida, a raíña foi súa irmá, Liz. Sen referencias, adentrouse nunha voránixe autodestrutiva de drogas, mozos (maltratadores, brotes psicóticos…) e intentos de suicidio. Conseguiuno no segundo (1996), a base dun bote de pastillas. É esa “Elisabeth on the bathroom”. Con todo o dito, non toda a música de Everett envólvese sobre o manto das tebras. Tamén hai lugar para a beleza, a felicidade ou a aprendizaxe, inda que a base de dor. Posúe unhas memorias; “Cosas que los nietos deberían saber”, un libro que queda pendente.

“Here today“, Paul McCartney, Tug of War, 1982.

“Oooh oooh oooh, for you were in my song”

Cinco disparos polas costas foi o que recibiu John Lennon a mans de M. D. Chapman, o 8 de decembro de 1980. Foi no edificio Dakota, en New York, inda que finou no Hospital Roosevelt desangrado, xa que unha das balas destrozáralle a aorta. Ese fan “demente,” como se catalogou, non parece tanto. Máis ben como alguén que o tiña todo calculado. Para mostra, a entrevista que lle realizou  Larry King.

Sen esa morte, non habería esta canción. McCartney estaba a traballar no disco, o cal paralizou ante a nova. Incluíu a canción onde reproduce unha conversa imaxinaria, claro está, se J. Lennon estivese alí.  Nela comprímese a súa relación. Dende os Quarrymen, pasando por Liverpool e Hamburgo ata a fama alcanzada e posterior enemistade post –Beatles e reconciliación, a mediados dos setenta.

“I’ll be missing you”, Puff Daddy (colaboración Faith Evans y 112), No Way Out, 1997.

The night they took my friend/ Try to black it out but it plays again/ When it’s weird feelin’ it’s really hard to conceal/ Can’t imagine all the pain I feel.

Utiliza a base rítmica de “Every Breath You Take” (The Police) para cantarlle ó seu amigo e máximo representante do selo Bad Boys, o rapeiro Notorious B.I.G. Este foi asasinado en 1997 por medio dun drive by; un automóbil dende o cal baleiran os cargadores das armas de fogo. A mesma sorte e da mesma maneira correu, en setembro de 1996, o seu rival Tupac Shakur. Ambos saían dun espectáculo e ambos se pararon nun semáforo para sempre. Pódese ver dende diferentes ángulos a estes dous rapeiros gangsta, un subxénero do rap saído de Compton, un suburbio de L.A., e da súa violencia de bandas coa tamén “axuda” policial. Nin se preguntaba despois de disparar, facíase e punto. Podémolo ver como o culmen das “batallas” entre a East Coast (B.I.G.) e a West Coast (Shakur), pero tamén como a loita entre os dous selos discográficos; Death Row Records (Shakur) e Bad Boys Records (B.I.G.). O que sí parece plausible é a acción – reacción, é dicir, un asasinato por outro. Greg Kading, antigo detective e parte da investigación, afirma a implicación de Suge Knight no asasinato de Notorious BIG, ademais de que Puff Daddy ofrecera con anterioridade un millón de dólares por matar a Knight e Shakur. Este último xa se librara dun asasinato en 1994. [1]

“In my time,” Europe, The Last Look at Eden, 2009.

“I found the strength/ I’m breathing again/ And I’ve told myself/ I’m still a lucky man”

A canción é unha dedicatoria a Michelle Meldrum (1968 -2008), muller do guitarrista de Europe, John Norum. Ao parecer, morreu a causa dunha hemorraxia cerebral. O máis curioso é que a canción, a última do disco, foi composta polo cantante, Joey Tempest, non polo guitarrista, o cal accedeu a que se incluíra como unha especie de tributo no disco da segunda etapa da banda sueca. Do mesmo xeito, o grupo no cal tocaba como guitarrista e era fundadora Michelle, Meldrum, tamén lle adicou o disco no que traballaban cando finou; Lifer. Meldrum foi creada cando se estacionou en Suecia Entre outros, Michelle foi fundadora do grupo de Phamtom Blue.

“Knock me down”, RHCP, Mother’s Milk, 1989 e “My lovely man”, RHCP, Blood Sugar Sex Magic, 1991.

“Rest with me/ My lovely brother/For you see/ There is no other/ Memory so sad and sweet/ I’ll see you soon/ Save me a seat.” (“My lovely man”)

Ámbalas dúas está adicadas á figura de Hillel Slovak, o  funk e principal artellador dos RHCP (1983). Con todo, o grupo nos seus inicios non era máis que un pasatempo. De feito,  Slovak posuía un proxecto principal; What it is?, ademais de que, ata o terceiro disco, non se xuntou a formación orixinal para gravar; Slovak, Flea, Kiedis e J. Irons.

En pleno crecemento, a heroína adentrouse en todos os compoñentes do grupo e, en especial, de Slovak. Kiedis podía ser o yonkie público, mais pasaba tempo “limpo.” Slovak non. A heroína “tombouno” por sobredose un 25 de xuño de 1988. Tanto é así que, o guitarrista, estaba expulsado de forma temporal, sendo substituído por Duane “Blackbird” McKnight, de Funkadelic. Regresou, pero por pouco tempo.

O resto dos RHCP quedaron afundidos. Irons abandonou o grupo, Flea axudouse da súa recente paternidade e Kiedis marchou a México durante mes e medio coa intención de coidarse a abandonar as drogas. Seguro que a disolución pasou polas súas cabezas, pero o resultado foi a integración de Chad Smith a batería e dun mozo guitarrista, John Frusciante[2]. Este último non tivo inconveniente en presentarse como “imitador” e seguidor de Slovak. Evolucionaría, e o exemplo son estes dous discos.

artigo 2

Hillel Slovak (1962 – 1988). Fonte: https://commons.wikimedia.org/

“Julia”[3], The Beatles, White Album, 1968. “Mother” e “My Mummy’s Dead”, John Lennon, Plastic Ono Band, 1970.

“My Mummy’s Dead/ I can’t get it through my head/ Though it’s been so many years/ My Mummy’s Dead/ It’s hard to explain/ So much Pain/ I could never show it/ My Mummy’s Dead” (“My Mummy’s Dead“)

Tres cancións en dous momentos distintos. A primeira, xusto co famoso viaxe á India, cando a Beatlemania facía escoitar os éxitos do grupo nos berros dos fans, e non nos deles. A segunda é a inmediata época post – Beatles, cando os rumores da súa reunión e os cartos do último álbum seguían chegando. A razón; súa nai Julia. Anos complicados os da infancia de Lennon en Liverpool, nado no peor ano de Inglaterra na II Guerra Mundial; 1940. Orfo de pai ós cinco anos porque abandonou o fogar, el mesmo escribiu; En Liverpool había tres clases de chicos: los que habían perdido a su padre en la guerra, los que lo recuperaron al término de la misma, y yo. Ademais, a súa nai traballaba fóra da casa, polo que tiña que convivir cos seus tíos; Mimi e George. Lennon escribía que a súa nai significaba a espera e a súa tía a realidade. Julia non o viu trunfar.  Morreu atropelada por un policía fóra de servizo o 15 de xullo de 1958, xusto cando Lennon abandonaba a “severidade” do sistema educativo inglés e se dispuña a entrar na Escola de Arte.

Miss you,” The Rapture, In The Grace Of Your Love, 2011.

When I see your face, it just tears me up inside/ I wanna run, I wanna shake out this feeling, this feeling I have for you”

O mesmo Luke Jenner, líder de The Rapture, aseguraba que o maior sacrificio que fixo pola música foi a súa nai, dunha forma ou outra (mirade o vídeo para comprendelo). Sufriu abusos sexuais cando era un cativo, ademais de que na súa casa non había moito afecto. A súa nai detectáronlle un trastorno bipolar que se foi incrementando. De feito, a estabilidade, en certa forma, doulla a familia do batería do grupo e amigo, Vito Roccoforte.

Entre a xira do disco Pieces of the People We Love (2006) e o dito mencionado, os sucesos multiplicáronse. O guitarrista Matt Safer, farto e desencantado, abandonou o grupo, deixando o trío que os fans coñeceron ata a súa disolución en 2014.  Pero antes, xa nacera o seu fillo e uns meses despois a súa nai por fin o conseguiu; suicidouse. Afastouse temporalmente da banda, converteuse ó catolicismo e entrou no coro da parroquia. Regresou, e, como volta a dicir Vito, no disco hai moitas referencias á familia de Jenner, en especial a súa nai.

“Tears in heaven” (sinxelo),Eric Clapton, 1992.

“Would you know my name if I saw you in heaven?”

A través do piso 53 nun edificio de New York e un descoido, xérase morte. Morte é unha canción. Conor (1987 – 1991), fillo de Eric Clapton e da actriz italiana Lori del Santo, foi o protagonista. O músico, na súa autobiografía afirma que, por suposto, o quería. Era o seu fillo.  Pero tamén admite que, a súa nai, podería darlle unha mellor educación. El e a súa vida non eran apropiadas. Alcohólico reincidente, mullereiro e atormentador da súa muller Patty Boyd. O lugar de Hazelden – un centro de desintoxicación –  era bastante coñecido para el. Cando estaba canda Conor, conseguía estar sobrio, case coma unha deferencia. Aseguraba que se sentía, máis ben, como o seu irmán maior.

Comprensiblemente, os primeiros meses deberon de ser horribles. En vez de decantarse polo alcohol, o fixo pola guitarra. Compre dicir que na maioría dos casos os combinaba. Pero resistía. Levaba 3 anos sobrio. Desta forma comezou a tocar e compoñer, sen ningún obxectivo. Saíron varios pezas. “The Circus Left Town” contaba a historia do día anterior, cando levara a Conor ó circo. Fóra a primeira saída xuntos. Tamén saíu  “My Father’s Eyes.” A través do ollos do fillo intentaba visualizar os do seu pai, que nunca coñecera. Con todo, a que saiu á palestra foi a “Tears in Heaven”, pero non era tal o propósito. Segundo Clapton, a compuxo a raíz dunha pregunta que lle rondaba trala morte do seu avó. Esta é; volveremos a encontrarnos?

artigo 3

De esquerda a dereita; The Big Bopper, Buddy Holly e Ritchie Valens. Fonte: http://sunradio.com/

EXTRAS:

“American Pie” (sinxelo), Don McLean, American Pie, 1971

“The day the music died.”

Parte deste hit é un recordatorio do acontecido aquel 3 de febreiro de 1959. A outra parte, difuminada por toda a canción, percorre a sociedade e a música. Dende o fin duns inocentes 50, pasando polo idealismo dos 60 ata ós inicios da crise dos 70. De aí que a canción abra o espectro e o concentre todo. Así, Elvis lle cede a coroa ó xograr de Bob Dylan. Tamén coñece a unha muller que cantaba blues, así como a aqueles que foron máis famosos que Cristo. Impregnado todo aquilo dun recendo a verde.

Doc, voltemos a 1959. Ese tres de febreiro, Buddy Holly (22), Ritchie Valens (17) e The BigBooper (28) faleceron como consecuencia dun accidente de avioneta. Ía tamén o piloto, Roger Peterson, pero ninguén se acorda. Estes tres, xunto con outros artistas, eran partícipes  da xira “Winter Dance Party.” Preto de Fargo, Carolina do Norte, resultou o lugar do accidente cando ían camiño de Moorhead, Minnesota. Para unha vez que cambiaran o autocar por unha avioneta non o puideron contar. Pero 1959 parecía o fin e así o versa McLean, momento no cal repartía periódicos. Nese ano, Elvis estaba facendo o servizo militar, Chuck Berry andaba con problemas coa xustiza e Little Richards pasárase ó gospel.

Ante isto, cal é a simboloxía da canción? Nin Don McLean o aclara. Tan só declarou que lle serviu para non volver a traballar máis. Parece que o símbolo final foi o do $.

“Tightrope Ride”, The Doors, Other Voices, 1971.

“And we’re by your side, but you’re all alone / Like a Rolling Stone, like Brian Jones/ On a tightrope ride.”

Incluímos esta canción duns The Doors sen Jim Morrison neste apartado, xa que estamos indecisos. Non sabemos se unha dedicatoria á Brian Jones, ex – Rolling Stones e morto en 1969, ou ten carácter semi –biográfico, é dicir, estar na corda frouxa (se alguén o sabe que se manifeste, por favor).  O que sí está claro é que, despois do rei lagarto, pouca vida orgánica lle quedaba ó grupo convertido en trío.

[1] Knight e Puff Daddy eran os donos dos mentados selos discográficos. Knight ía no coche con Shakur a noite que o asasinaron. Para máis información, as entrevistas mentadas, xa que non se tivo acceso o libro que publicou ,“Murder rap,” nin ao seu posterior documental.

[2] Antes da chegada destes dous, cubrirán as vacantes co xa mentado guitarrista de Funkadelic e o batería de Dead Kennedys, D.H.Peligro.

[3] Tamén pode axduntarse a Yoko Ono, a súa futura muller (en termos de 1968) ou para a seu primeiro fillo, Julian Lennon.

BIBLOGRAFÍA:

CLAPTON, Eric, Clapton, la autobiografía, Global Rhythm, Barcelona, 2008.

GILLET, Charlie, Historia del rock: el sonido de la ciudad, Robinbook, Barcelona, 2008.

SIERRA I FABRA, Jordi, John Lennon, Folio, Barcelona, 2003.

RECURSOS WEB;

http://agaf74.blogspot.com/2005/03/american-pie-o-la-prdida-de-la.html

http://detrasdelacancion.blogspot.com.es/2010/11/here-today-paul-mccartney.html

http://eelstheband.com/biography/index.php

https://everettmag.com/2016/03/10/mark-oliver-everett/

http://elpais.com/diario/1997/03/10/cultura/857948406_850215.html

http://elpais.com/diario/2010/09/18/madrid/1284809067_850215.html

http://cultura.elpais.com/cultura/2015/10/13/actualidad/1444757047_969038.html

http://europefansargentina.blogcindario.com/2010/02/00118-entrevista-a-john-norum-en-radio-let-there-be-rock-holanda.html

http://hablatumusica.com/opinion/especiales/10-motivos-amar-brian-jones/

http://historiasderock.es.tl/Red-Hot-Chili-Peppers.htm

http://pitchfork.com/features/interview/8656-the-rapture/

http://redhotchilipeppers.com/timeline

http://supercurioso.com/top-10-canciones-de-rock-sobre-la-muerte/

http://ultimateclassicrock.com/buddy-holly-richie-valens-big-bopper-killed-in-plane-crash/#photogallery-1=1

http://www.allmusic.com/album/in-the-grace-of-your-love-mw0002160208

http://www.allmusic.com/album/other-voices-mw0000836527

http://www.allmusic.com/artist/hillel-slovak-mn0000958131

http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/04/150407_american_pie_letra_interpretacion_wbm

http://www.buenamusica.com/mercyme/biografia

http://www.efeeme.com/la-cara-oculta-del-rock-las-teorias-conspiratorias-en-la-muerte-de-bon-scott-vocalista-de-acdc/

http://www.efeeme.com/la-cara-oculta-del-rock-quien-mato-a-tupac-shakur-y-quien-a-notorious-b-i-g/

http://www.elmundo.es/cultura/2015/05/01/55369d1a268e3e7a108b456c.html

http://www.europetheband.com/bios.html

http://www.thefader.com/2011/08/18/the-rapture-is-risen/?single_paged=1

http://www.indierocks.mx/tv/bckstg/bckstg-con-luke-jenner/

http://www.jotdown.es/2012/02/recuerdas-a-hillel-slovak/

http://www.jotdown.es/2013/04/eels-porque-la-musica-no-sabe-morir/

http://www.jotdown.es/2014/10/la-historia-de-red-hot-chili-peppers-en-40-canciones-i/

http://www.jotdown.es/2015/09/me-hablas-a-mi-negro/

http://www.last.fm/es/music/Meldrum/+wiki

http://www.last.fm/es/music/The+Beatles/_/Julia

http://www.mondosonoro.com/entrevistas/reconquistando-la-gracia/

http://www.rollingstone.com/music/artists/notorious-b-i-g

http://www.swaggamusic.net/2011/10/09/greg-kading-en-exlusiva-%E2%80%9Csi-baby-lane-mato-a-tupac-y-puff-daddy-ofrecio-un-millon-por-ello%E2%80%9D/

http://www.swaggamusic.net/2016/02/16/greg-kading-en-entrevista-puff-daddy-no-ira-a-juicio-por-la-muerte-de-tupac-acusado-solo-por-un-traficante/

http://www.themetalcircus.com/noticias/meldrum-publican-disco-tras-la-muerte-de-michelle-meldrum/

http://www.metallerium.com/noticias/triste-fallecimiento-de-michelle-meldrum

http://www.villagevoice.com/music/the-rapture-come-home-6435119