Profetas da Ciencia-Ficción

a0ef4c8d8f4e02b5a81f13034f3c1649

Viñeta de The Long Tomorrow (1975). Guión de Dan O’Bannon e debuxo de Moebius.

Como xa dixen moito tempo atrás, nun artigo xa olvidado, os autores de ciencia-ficción teñen vocación de profetas. Hai que facer un considerable exercicio de imaxinación para levar ás paxinas escritas, aos fotogramas do celuloide, ou ás témperas e lápices todo un crisol de novos universos e de hipotéticos futuros, uns plausibles e outros totalmente alocados… polo momento. Xa o dicía Arthur C. Clarke: “A única maneira de descubrir os límites do posible é aventurarse un pouco máis aló de ditos límites, no imposible”, aínda que o capitán Kirk expresouno de maneira máis resumida: “Ata alcanzar lugares onde ninguén puidera chegar”.

Non, non vou a falar de escritores de ciencia-ficción, ou de obras emblemáticas do xénero. Nin sequera dos cómics, probablemente o medio que lle brindou á ciencia-ficción tanta popularidade nos seus albores. Este artigo vai ir adicado ós artistas, debuxantes que serviron de inspiración para algunhas (e moi coñecidas) grandes historias sobre batallas de naves espaciais, alieníxenas belicosos, ou ecumenópoles distópicas cheas de contaminación e neón.

Nada mellor ca unha película que non puido ser, para comezar coa historia dos pintores do imposible. O diretor chileno Alejandro Jodorowsky planeaba facer a principios dos 70 unha adaptación fílmica da novela de Frank Herbert Dune, onde as intrigas nobiliarias, as naves espaciais e os vermes xigantes surfeando pola area conviven en plena armonía. Jodo tiña intención de levar a cabo un proxecto único, de gran calidade, polo que contou cun equipo de luxo: Pink Floyd e Magma poñerían a música, Dan O’Bannon ocuparíase dos efectos especiais, entre os actores interesados en participar encontrábanse eminencias como Salvador Dalí, Mick Jagger ou David Carradine, e para os deseños e o apartado artístico contaban con tres notables artistas: Chris Foss, Jean Giraud (Moebius) e H. R. Giger.

Jodorowsky coñecera o traballo de Chris Foss polas portadas de libros de ciencia-ficción. Marabillábase co deseño das súas naves, parecidas a insectos ou grandes paxaros, mentres adentrábanse no espazo profundo. Así que invitouno a París, tiroulle as cousas da maleta, e finalmente este quedou. Quedaremos con dúas achegas bastante interesantes: un deseño de nave pirata destruída, con camuflaxe para axexar nos asteroides, a bandeira pirata adaptada a un futuro afastado, e un cargamento de especia azulada saíndo por unha fenda, cara ao baleiro; e o palacio do emperador, froito da intención inicial de Foss de ser arquitecto, unha monstruosidade dourada digna dun faraón de Exipto que, con todo, estaba perfectamente calculada para armarse e construírse no set.

slide5

Nave pirata (deseño para Dune). Fonte: chrisfossart.com

vlcsnap-2014-08-02-05h23m34s160

Palacio imperial (deseño para Dune). Fonte: haceeb.wordpress.com

Con Moebius a cousa foi parecida, xa que o director chileno descubriu os seus cómics do Tenente Blueberry, e decidiu que el sería o debuxante do storyboard: 3.000 debuxos cheos de expresións, planos, diálogos, etc. “Usei a Moebius coma unha cámara”, chegou a comentar Jodorowsky, aínda que tamén recorreu aos seus servizos para deseñar o vestiario e aos personaxes, deseños estrambóticos e orixinais que farían parecer eslamiados aos de Star Wars en comparación. A colaboración do director e o debuxante non remataría co fracaso de Dune, posto que nos anos 80 levarían a cabo un dos cómics máis coñecidos do seu xénero, O Incal, un matrimonio curioso entre a metafísica e as aventuras espaciais. E non olvidaremos The Long Tomorrow, un pequeno cómic de apenas 16 páxinas que, coa súa estética e historia, influenciou prácticamente toda a obra fílmica posterior de ciencia-ficción, dende Desafío Total até Star Wars, dende O Quinto Elemento ata Alien.

doorofperception.com-jodorowskys_dune-moebius

Deseños de personaxes de Dune, por Moebius. Fonte: doorofperception.com

Volvemos a Dune, volvemos a Jodorowsky: cando intentaba fichar a Dalí para a súa película, éste ensinoulle os debuxos dun xove e prometedor H. R. Giger. Encargóuselle o deseño do castillo dos “malos” da película, o barón Harkonnen, e el entregou un enxendro pesadilesco, un símbolo do vicio e da morte. O castelo ten forma humanoide, baseado no insaciable deus Moloch, dende onde domina un páramo de ósos e heces. A súa cabeza alongada recorda poderosamente á de futuras criaturas da obra de Giger (xa podedes imaxinarvos cales), e o seu rostro agochaba unha horrenda calaveira, cunha lingua-plataforma de aterrizaxe. O edificio estaba rodeado por un profundo foso, e a súa única vía de entrada por terra era unha ponte levadiza de paredes hidráulicas, para aplastar ós visitantes, previo paso polas escaleiras que ían cara o castelo, con lanzas nas paredes para empalar ós visitantes.

Lamentablemente, Dune non puido continuar adiante, e Giger adicouse a outros proxectos. Podemos citar o Necronom IV, no que aparece un bosquexo temperán do que será o famoso xenomorfo, ou o Necronomicon de 1977, que caeu nas mans dun xove director chamado Ridley Scott, que preperaba o seu debut cinematográfico cun filme cuio guión fora escrito por Dan O’Bannon, un ex compañeiro de Giger en Dune. Alien: O oitavo pasaxeiro, foi o seguinte paso na carreira do artista suizo, e neste caso deseñou todos os aspectos e escenarios alieníxenas, coma as tres fases biolóxicas (ovo, facehugger, chestburster e adulto) do xenomorfo, a nave estrelada, ou o famoso Space Jockey. A súa enorme habilidade para crear un entorno aterrador e inquedante, pero sen dúbida orixinal, foi recompensado co Óscar a Mellores Efectos Visuais en 1980. Non foi a súa última colaboración no mundo do cine, tamén estivo na terceira parte de Alien, na secuela de Poltergeist, e en Prometheus. Pero sen dúbida, o traballo que o fixo inmortal foi Alien, cuns monstros que quedaron vívidos na mente de moitas persoas… e nos seus pesadelos.

zcosgqteiikrtvu0cjuy

Necronom IV, H. R. Giger (1976). Fonte: es.gizmodo.com

Foi na seguinte película de Scott, Blade Runner, onde brillou o seguinte gran artista do noso recorrido: Syd Mead. Admirador tanto de Asimov e Heinlein coma do Greco e Caravaggio, fíxose moi recoñecido polos seus traballos artísticos no mundo da inxeniería e automovilístico, imaxinándose un futuro colorido, con bólidos veloces e aerodinámicos, e a tecnoloxía ao servizo do home. Unha especie de american way of life evolucionado. Tamén foi o pai “putativo” do AT-AT de O Imperio Contraataca (uns vehículos cuadrúpedos na neve xa se veían nun debuxo seu de 1969), e traballou na primeira película de Star Trek co deseño da nave V’Ger.

Que diferenza coa adaptación do relato de Dick! Ridley Scott non quería un futuro de coches rápidos e festas cheas de cores, o que tiña en mente era unha versión sucia, superpoboada e noir da cidade de Los Ángeles no 2019. Tomou coma modelo as cidades de rañaceos, coma Chicago e New York, para a súa idea dunha “cidade superior” e unha “inferior”, onde habita a marxinalidade e o crime. Rúas iluminadas baixo a tenue luz dos neóns en xaponés, cheas de lixo,  e vixiadas por autos de policía voadores (Spinners). E, por riba de todo iso, a colosal estrutura do edificio Tyrell, que recorda a unha especie de zigurat sumerio a pesar de que as súas raíces son os templos maias e Angkor Wat. E a sú carreira non se detivo con este traballo, que foi usado na súa totalidade por Scott, senón que continuou até o día de hoxe, e deixou perlas coma o mundo informático de Tron, a nave Sulaco de Aliens, e a cidade utópica de Tomorrowland.

syd 2

Fonte: visualmelt.com

blade-runner-art-syd

Fonte: nappertime.com

Imos rematar con Raph McQuarrie, o artista que vislumbrou os mundos lonxanos e fantásticos de Star Wars. Remontémonos ata 1975, cando converteuse no primeiro empregado dun xovencísimo George Lucas, que intentaba levar adiante unha historia de ciencia-ficción, e pensaba que vendería mellor a súa idea aos estudos se contaba cun bo surtido de imaxes do que podería ser a película. McQuarrie traballou con liberade (pensaba que a película endexamais se faría polo seu elevado coste), e plasmou no papel os que serían os elementos máis recoñecibles da saga: o planeta desértico Tatooine, os cazas da rebelión, os deseños de C3PO e R2D2, a vista lonxana de Mos Eisley, os stormtroopers, a cantina, o casco ameazante de Darth Vader… como diría George: “Ralph foi a primeira persoa que contratei para que me axudara a visualizar Star Wars. A súa contribución xenial, en forma de pinturas de producción sen igual… impulsou e inspirou a todo o reparto e o equipo da triloxía orixinal de Star Wars”.

Do éxito de Unha nova esperanza mellor nin falamos, non si? McQuarrie continuou colaborando nas secuelas da película de 1977, O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi. Todo isto foi o inicio da súa carreira en Hollywood, que culminou en 1985 cun Premio da Academia a Mellores Efectos Visuais, na película Cocoon. Co novo milenio e a nova triloxía á volta da esquina, Lucas ofreceulle volver á franquicia, pero declinou a oferta. Aínda así, moitos deseños non utilizados recicláronse para novos proxectos de Star Wars, coma na serie de animación Rebels ou na secuela-remake O Despertar da Forza. McQuarrie morreu en 2012, pero a súa arte pervive nos albores dunha galaxia moi, moi lonxana.

Ralph-McQuarrie-Looking-at-Mos-Espa

Vista de Mos Eisley, por Ralph McQuarrie. Fonte: imghumour.com

BIBLIOGRAFÍA

http://hipertextual.com/2015/02/alejandro-jodorowsky-dune

http://hipertextual.com/2014/05/alien-hr-giger

http://utero.pe/2014/05/13/6-obras-de-h-r-giger-para-despedirnos-del-genio-enfermo-creador-de-alien/

http://www.europapress.es/chance/gente/noticia-hr-giger-creador-mitico-monstruo-alien-muere-causa-lesiones-caida-20140513115403.html

http://www.indiewire.com/2014/03/interview-alejandro-jodorowsky-reveals-how-his-dune-inspired-alien-challenges-with-getting-script-published-87870/

http://www.duneinfo.com/unseen/hr-giger

http://www.giantfreakinrobot.com/scifi/jodorowskys-dune-concept-art-includes-brilliant-work-hr-giger-chris-foss.html

http://es.gizmodo.com/las-creaciones-mas-inolvidables-de-h-r-giger-1576768241

https://www.buzzfeed.com/danieldalton/original-alien-concept-art-h-r-giger?utm_term=.lwPA4004P#.noO86BB6d

http://www.cinemania.es/noticias/the-long-tomorrow-el-comic-mas-influyente-de-la-historia-del-cine/

http://curtvilescomic.tumblr.com/post/141668231534/moebius-the-long-tomorrow-and-its-influence-on

http://www.tor.com/2012/03/12/moebius-the-visionarys-visionary/

http://starwars.wikia.com/wiki/Category:Images_from_The_Art_of_Ralph_McQuarrie

https://www.buzzfeed.com/danieldalton/stunning-star-wars-concept-art-ralph-mcquarrie?utm_term=.bbbdRBwkmM#.ij1LXPzM3J

http://www.starwars.com/news/an-annotated-guide-to-the-star-wars-portfolio-by-ralph-mcquarrie

http://www.slashfilm.com/ralph-mcquarrie-force-awakens/

http://www.finanzas.com/xl-semanal/conocer/20150322/mead-este-hombre-anticipa-8245.html

http://www.curbed.com/2015/7/23/9937790/syd-mead-city-architecture-blade-runner-design-future

http://www.jotdown.es/2015/01/blade-runner-tron-aliens-syd-mead-el-disenador-del-antiguo-futuro/

http://sydmead.com/v/12/

Syd Mead

http://www.quo.es/ser-humano/inspiracion-de-star-wars

El arte de Ralph McQuarrie, el verdadero padre de Star Wars

http://cultura.elpais.com/cultura/2012/03/04/actualidad/1330900574_032014.html

http://www.microsiervos.com/archivo/peliculas-tv/valerian-laureline-influencia-star-wars.html

http://www.shadowlocked.com/2010011476/opinion-features/how-dan-obannons-heavy-metal-story-influenced-blade-runner.html