Na procura dun resultado xusto: 12 angry men

“Un bo viño é como unha boa película: dura un instante y déixate na boca un sabor a gloria” Federico Fellini

Se o noso querido de lector colle algunha revista ou xornal que conteña a carteleira do cine, darase conta que na actualidade o cine está cheo de efectos especiais e decorados creados por computadoras que, en ocasións, parecen quitarlle importancia as interpretacións. Nestes aciagos momentos é cando películas antigas como 12 angry men de Sidney Lumet recórdanos que é posible facer cine de calidade contando cuns bos actores e un bo guión e, ademais, no caso desta película, un presuposto axustado.

TAM_1

Póster da película

Coñecida en hispano-américa como “12 hombres en pugna” e en España “12 hombres sin piedad”, é unha película que debido o seu éxito conta con moitas versións entre as que destacan as de William Friedkin, Gustavo Pérez Puig e Nikita Mikhalko. Empregando nas dúas primeiras o guión orixinal de Reginald Rose. Pero neste artigo centrarémonos unicamente na película de Lumet.

Para todos aqueles que non a viron trata dun xurado que debe decidir se condenar a un rapaz de dezaoito anos polo asasinato do seu pai. O principio once dos doce xurados teñen claro que o acusado é culpable, agás un, que ten unha dúbida razoable. A partir dese momento empezará unha guerra dialéctica para convencer ó dubidoso da postura maioritaria. E hasta aquí se pode ler para aqueles que non viran a película, os cales se lles recomenda vela antes de continuar lendo xa que os spoilers están asegurados.

O xurado

O xurado está composto por doce homes brancos de diferente clase social, traballo, idade e incluso procedencia; cos que se pretende unha representación da sociedade heteroxénea existente. Cousa que se consigue, se o espectador actual ten en conta que a película rodouse no ano 1957 e que nesa época as mulleres e a xente doutras etnias non podían formar parte dun xurado.

Pero coñezamos os nosos protagonistas máis detidamente, aínda que a maioría deles só os coñecemos polo seu número de xurado, xa que durante a película so se mencionan o nome de tres deles.

TAM_2

Posición que ocupa cada xurado na mesa

O xurado número 1 (Martin Balsam) é un entrenador deportivo que proponse voluntario para ser o presidente do xurado. Como tal, organiza as votacións e reconta os votos. Sen embargo é unha persoa conformista que se deixa influenciar polas opinións maioritarias do grupo, xa que nin defende o por que do seu voto nin explica por que o cambia.

O xurado número 2 (John Fiedler) é un home tímido e introvertido, pero moi amable. Esta forma de ser xunto o feito de que as poucas veces que defende a súa opinión o fai en voz baixa e insegura, provocan que outros membros do xurado métanse con el.

O xurado número 3 (Lee J. Cobb) é agresivo e autoritario, non acepta as opinións dos demais e intenta impoñer a súa o resto. Ademais intenta culpar o acusado dos erros que cometeu o seu propio fillo. Esta situación fai que sexa unha persoa inestable.

O xurado número 4 (E. G. Marshall) é unha persoa fría e distante. Sen embargo ten unhas boas calidades comunicativas porque consegue defender as súas posturas respectando os demais ata que lle desmontan os seus argumentos.

O xurado número 5 (Jack Klugman) é unha persoa introvertida da que non se sabe moito porque apenas intervén.

O xurado número 6 (Edward Binn) é unha persoa que non fala moito, pero sabe actuar no momento preciso como pode verse cando pide explicacións sobre os argumentos ou defende o ancián das burlas dos outros xurados. Aínda que nisto último móstrase agresivo.

O xurado número 7 (Jack Warden) é un vendedor egoísta o que só lle interesa ir o seu partido. Ten un comportamento bromista e ferinte que, nalgúns momentos, chega a ser agresivo.

O xurado número 8 (Henry Fonda) é un arquitecto amable, educado e cunha gran capacidade de analizar as situacións. É o que plantexa dende o primeiro momento unha dúbida razoable, e faino dun modo firme.

O xurado número 9 (Joseph Sweeney) é un ancián amable que apoia dende o primeiro momento ó número oito nos seus plantexamentos. Sen embargo é branco das burlas dos xurados 3 e 7, xa que non ten a fortaleza física para impoñerse como o número oito.

O xurado número 10 (Ed Begley) é un empresario agresivo que mostra prexuízos contra a xente de clase baixa e que deixa que inflúan nas súas decisións. Por este motivo é amoestado duramente nun determinado momento. No que pasa a sentarse nunha mesa distinta a do resto do grupo.

O xurado número 11 (George Voskovec) é un emigrante europeo amable e con gran sentido da xustiza. Na dobraxe orixinal ó castelán non se fai unha diferenciación no acento que si hai na versión orixinal en inglés da película, na cal este personaxe fala cun acento típico da Europa do Leste. Cousa da que se dan conta o xurado número doce, cando lle pregunta ó 11 polo seu reloxo, e número sete, cando o increpa dicíndolle “primeiro chegan moi modosiños pero logo empezan a darche leccións”.

O xurado número 12 (Robert Webber) é un publicista inseguro que déixase levar polos demais. Sen embargo trata de loitar contra esa imaxe mostrándose seguro o falar do seu traballo. É curioso que o longo da película pode verse que cando ten as gafas postas mostra esa imaxe de home con éxito e seguro de si mesmo pero cando as quita é un home inseguro e sen opinión propia.

Sen embargo tamén é interesante ver como van cambiando as posturas dos xurados ó longo da película, que son dous: culpable e non culpable. Na versión española da película din inocente pero isto é incorrecto, xa que non se di que o rapaz sexa inocente senón que non hai probas suficientes para condenalo.

Nun principio once dos doce xurados pensan que o acusado é culpable, agás o número oito. Este expón os seus motivos para dubidar das probas da acusación, dun xeito tan claro que fai dubidar o número nove. E este último convértese no seu primeiro apoio.

Aos que se irán sumando máis xurados co paso da película.

TAM_4

Pero hai xurados que manteñen a postura de que o rapaz é culpable ata case o final da película como son o tres, o catro e o dez. Deles só o catro fai unha defensa asertiva e respectuosa dos seus argumentos. Mentres os outros dous xurados defenden o argumento de culpabilidade dunha forma agresiva e faltándolle o respecto ós demais. Pero finalmente estes xurados son derribados polos argumentos da outra perspectiva, a cal imponse o final da película.

Cando menos é máis

O escaso presuposto desta película reflectiuse nos decorados e nos escenarios. A maior parte da película transcorre na sala do xurado e no baño da mesma. Unicamente conta con unhas poucas escenas fóra destes lugares, que son o principio e o final da película, sendo concretamente a sala de xuízos, os corredores, e as portas do xulgado.

Volvendo a sala do xurado da que falábamos ao principio trátase dunha sala estreita cunha mesa rectangular con doce cadeiras, unha para cada xurado. Tamén hai unha mesa auxiliar pequena cunha cadeira nun extremo da sala, que non se verá hasta pasados dous tercios da cinta, e un armario para deixar os abrigos e as chaquetas.

TAM_3

Nesta sala hai un pequeno baño onde os protagonistas terán conversacións máis íntimas e relaxadas. De feito é aquí o número sete lle dirá o seu nome ó oito.

Este espazo provoca certas tensións entre os xurados debido a que é reducido e un pouco claustrófobo, ademais da calor que hai na sala e a imposibilidade de acender o ventilador ata case a metade da película. Para que chegasen estas sensacións ó espectador, o director usou lentes de cámara cada vez máis largas e cambios de altura da mesma para que a habitación parecese cada vez máis pequena. Desta maneira rodar a película nun espazo pequeno e pechado converteuse nunha vantaxe e nunha maneira de expresar as sensacións dos personaxes.

A gran opera prima de Lumet

Esta foi a primeira película de Sidney Lumet como director, pero contén todas as características que terán as súas seguintes producións. A primeira delas é adaptar unha obra teatral ao formato do cine, porque o guión escrito por Reginal Rose estaba pensado para teatro. O director tiña unha estreita relación con esta arte debido a que dedicárase ó mundo teatral antes de entrar no cinema e na televisión. A segunda son os temas que aborda como o sistema xudicial estadounidense, a xustiza, a obxectividade e a procura da tolerancia. E a última é presentar os personaxes nun entorno urbano rodeados de violencia.

Todas estas características fan de 12 angry men unha boa película que todo amante do bo cine debería ver.

Bibliografía

Lumet, S. (1999). Así se hacen las películas. Ediciones Rialp.