Pinceladas sobre o retraso mental e o autismo no cine

“Sabes o que penso? Creo que o teu autismo é un conto! Non podes dicirme que non me estás escoitando! Sei que ten que haber alguén aí dentro”

Charlie Baitt ao seu irmán Raymond durante a viaxe en coche. “Rain Man”

Uns días queres  que viva, outros non

Gilbert Grape sobre o seu irmán Arnie en “¿A quién ama Gilbert Grape?”

O cine mailas series poden ser consideradas como un refuxio momentáneo. Perdémonos nas súas boas historias e as valoramos. Todos nos consideramos críticos. Todos sabemos criticar pero moi poucos son os que saben crear. Así pois, seguindo na liña da mediocridade, vamos a criticar un chisco. Cabe dicir que todas as películas ás que se fan referencia quedarán expostas ao final do artigo (advertencia, spoilers).

Hai que precisar que  nas películas e series que tratan sobre trastornos e enfermidades mentais o fan dende unha visión parcial, nesgada  e estereotipada da persoa a tratar. Que mellor que ver unha película de” tontos ou loucos” para aliviar a túa carga e seguir pensando que es unha persoa do máis normal! E iso que din de que a desgraza allea alivia a quen posúe unha. Así pois, aseguran certos mitos arredor destas persoas. Sóese asociar a loucura coa xenialidade, a violencia coa enfermidade mental tratando á persoa como un ser perigoso. Tamén, nalgúns casos, saen en pantalla como carentes de sentimentos ante certas convención sociais  ou ao revés, excesivamente sentimentais. Normalmente esta discapacidade é algo residual nas películas, sen que se chegue a desenrolar a súa historia.

Por outro banda, esta achega do cine pode supor o único contacto que o espectador teña co trastorno ou enfermidade, debido a que no seu entorno non haxa ningún caso. Incluso pode chegar a espertar a súa curiosidade, podendo involucrarse no seu coñecemento a un nivel máis “profesional,” ou polo menos amateur.

RETRASO MENTAL

Dun modo simple, sen entrar en tecnicismos. É un trastorno no que se unes a grandes trazos tanto unha capacidade intelectual inferior ao promedio  como unha limitación nas capacidades de adaptación. Iníciase durante o período de desenrolo. Para este tipo de trastorno existen diversas causas. Pode deberse a influencias ambientais (drogas, tóxicos na nai), síndromes xenéticos, ou tamén quedarse sen osíxeno durante un difícil parto entre outras. Soen presentar, ao igual que outros trastornos,  comorbilidade, é dicir, que ademais do trastorno (ou enfermidade) primario existen varios secundarios.

a quien ama gilbert grape (II)

Os médicos aseguraron que Arnie (centro) non pasaría da adolescencia pero aí está. Gilbert asume o papel de pai e coidador de Arnie. Cando morre a súa nai decide marchar do pobo levando con el a Arnie. Fonte; http://asolascontigo-pilarrubio.blogspot.com.es/2010/10/quien-ama-gilbert-grape.html

Á hora do diagnóstico non basta coa proba do C.I., porque para ser intelixente non só fai falla ter un alto C.I. senón que é igual de importante saber desenvolvelo e estimulalo. Na táboa móstrase o nivel de C.I. preciso para que se catalogan as persoas segundo as puntuacións obtidas. Todo isto tras comprobar que a media das probas da como resultado 100 cunha desviación típica de 15.

Categoría Nivel de C.I.
Leve 50-55 a 70
Moderado 35-40 a 50-55
 Grave 20-25 a 35-40

Profundo

Menor de 20-25

Neste sentido estrito o máis normal é que na maioría das películas tan só se trata a unha persoa diagnosticada como boderline. Situaríase na franxa dos 70 -85 no C.I. Aínda sen un retraso mental diagnosticado pode precisar de axuda concretos para superarse. Unha das poucas excepcións poder ser a actuación de Leonardo DiCaprio como Arnie en “¿A quién ama Gilbert Grape?” Cun retraso moderado –grave. Este adolescente nunca foi a escola, crece nun entorno familiar pechado pero ben atendido polo seu irmán Gilbert Grape (Johnny Depp). En cambio, Sam (Sean Penn), a pesar de non posuír unha intelixencia maior que a dun neno de sete anos desenvólvese con certa soltura para vivir dunha forma máis ou menos independente. Tamén Forrest Gump (Tom Hanks) ten un retraso mental leve, incluso podería ser un boderline. Tiña 75 de C.I. pero o goberno mantiña unha cifra de 80 para poder aprender nas súas escolas. Sen embargo a súa adaptación, grazas a súa nai, é maxistral. Sobre todo, vese cando vai ao exército onde priman as regras, a obediencia e a rutina.

Que se pode sacar destes exemplos?  Pois que a proba do C.I.por si soa non resulta convincente para un diagnóstico correcto do retraso mental. Aquí é onde traballa a A.A.M.R. [1]Trata de conseguir unha definición precisa do concepto, onde non se estigmatice xa de partida. O que pretende dita asociación é unha eliminación da clasificación por C.I. Debería ser substituída polos tipos de apoios en función do retraso mental. Propoñen catro tipo de apoios que irían subindo en intensidade de contacto coa persoa; intermitente, limitado, extensivo e penetrante. Ademais débense de potenciar os seus puntos fortes. Por exemplo para Forrest Gump é a velocidade. Levarao á xogar ó fútbol americano e ó ping pong.

Débese, pois,  seguir a liña onde o apoio da familia se conxugue coa axuda prestada por profesionais. Todo isto nun entorno normalizado e controlado para as súas “necesidades especiais.” De momento é o mellor, unha fusión de ambos mundos; o familiar e o exterior. Un bo exemplo parece, ao meu modo de ver, Randy o irmán do protagonista en “Me llamo Earl,” pero non sempre foi así. Antes dos 70 a opción da institucionalización era a que reinaba. Valíanse do principio de ser persoas dependentes que non se podían facer cargos de sí mesmos. Esta é a realidade que lle ofrecen á  nai de Forrest Gump, aínda que ela cunha perda de dignidade consegue que o seu fillo se “integre.” Aí está a outra proposta; a de normalización. Pretendíase a integración total do retrasado na comunidade pero non foi demasiado favorable sobre todo polas actitudes sociais ante a persoa. Tamén Sam foi recluído nun centro na súa xuventude.

Un exemplo da anterior fusión foi o documental de Ira Whol, “El mejor de los muchachos” sobre o seu primo Philly Whol. Sen contacto co exterior, tan só no ámbito familiar, Phil vaise integrando na sociedade. Todo mesturado coas reticencias por parte dos pais e coa axuda dun centro día para relacionarse con persoas da súa categoría. A misión é que, cando lle faltasen os pais tivese os menos problemas posibles de adaptación. A medio camiño está Arnie e o seu retraso moderado – grave. Non está recluído nun centro pero tan só ten o contacto da súa familia, en especial do seu irmán Gilbert. Tampouco vai ó colexio.

Forrest_Gump01

Dende un banco Forrest Gump vai contando a súa vida ata o instante de coñecer ao seu fillo. Non lle foi nada fácil. Entre a nai é a capacidade de adpatación o conseguiu. Fonte; http://shinobinews.com/2014/06/aniversarios-con-reestreno-vuelven-forrest-gump-y-los-cazafantasmas/

Nalgúns casos pásanse coa esaxeración dos estereotipos. Por exemplo, Sam (Sean Penn) acaba por darlle unha lección moral a avogada triunfadora e “intelixente” como é Michelle Pfeiffer na película. Por así dicilo, gaña o retrasado con sentimentos fronte á calculadora persoa do mundo “normal.” Tamén con Forrest Gump pódese interpretar como un “simplón” do mesmo xeito que Randy en “Me llamo Earl.”

Como última aportación está o dilema, aínda que non o debería de haber, da descendencia dos retrasados mentais. Forrest Gump está preocupado debido a que o seu fillo puidese “herdar” o seu retraso. Hoxe en día parece ser que o porcentaxe de transmisión é moi baixo. Outro caso é o de Sean Penn en “Yo soy Sam” onde loitará pola custodia da súa filla.

AUTISMO[2]

O cine propón unha valoración moi parcial do que é este síndrome. Síndrome, polo de agora sen curación, no cal se investiga como orixe certos problemas no parto ou a herdanza xenética. Dita parcialidade queda reflectida nese “tonto-sabio,” persoa que pode facerche un cálculo matemático realmente difícil pero non saben como o fan ademais de que se perden na sinxeleza doutros problemas. Dustin Hoffman en Rain Man e o neno protagonista de “Al rojo vivo ”son ese fiel reflexo.

Asocian, de maneira xeral, o autismo co síndrome de savant.Este fenómeno fai brillar unha persoa con graves carencia mentais, emocionais severas e baixa intelixencia  nunha área intelectual moi concreta. Deste xeito obsérvase que non todos os savants son autistas e que estes a súa vez son unha minoría; arredor de 1 de cada 10. Son coñecidos como illotes de habilidade. Desde xeito Dustin Hoffman é capaz de contar cartas, memorizar guías de teléfono e o actor de “Al rojo vivo” pode resolver un problema matemático, mais non saberían seguir unhas pautas para a súa realización.

El_Mundo_De_Leland-Caratula

O autismo é un pretexto para desenrolar a historia de Leland (Ryan Gosling). Aínda así, o asasinato do neno autista “por albergar tristeza nos seus ollos” non debeu de sentar moi ben. Fonte; http://pinceladasdecine.blogspot.com.es/2014/11/el-mundo-de-leland-matthew-ryan-hoge.html

Así pois fálase máis ben dun trastorno de “espectro” autista debido á variacións que presenta un autista doutro.  Presentan de comorbilidade coas variacións na linguaxe, ou co retraso mental asociado, ademais de diferenzas segundo a idade. Para todos estes casos precísase do que chamaron como “axuda” para non estigmatizar. Segundo o grado; 1 axuda, (sen axuda in situ) 2 axuda notable, 3 axuda moi notable, precísase dunha maior interacción e atención por parte dos coidadores, familiares centros… O que reflexa o cine é dispar; mentres o neno autista de “El mundo de Leland” vivía aparentemente sen unha atención específica, o de “Al rojo vivo” posuía unhas pautas e axudas máis acordes á súa condición. O caso oposto, se se pode chamar así é o de “Mater Amatísima”, na que a nai se involucra tanto que se deixa somerxer nunha voránixe que remata coa posibilidade de matar o fillo.

Neste síndrome prodúcese unha fenda entre as habilidades intelectuais e as habilidades funcionais adaptativas. Posúen unas relacións anormais coas demais persoas. A súa interacción social caracterízase pola falla de atención a estímulos sociais. Aínda que se intente trabar amizade son incapaces de comprender convencións sociais. As persoas son meras obxectos para realizar os seus obxectivos. En “Al Rojo Vivo” o neno queda en modo stand by coa taza ata que un dos seus procreadores lle ven a botar algo dentro dela. Non hai esa capacidade de empatía “de pórse no lugar do outro.” Ademais poden quedar moito tempo  realizando actividades solitarias, así D. Hoffman quédase vendo a televisión ou en “Al rojo vivo” quédase na súa habitación ata que o pai chega para deitalo.

Mercury_Rising_featured

Bruce Willis debe protexer a Simon, un neno autista que descifrou un código da NSA nun libro de pasatempos. Fonte; http://movieboozer.com/movie/mercury-rising-1998

Outra vía de manifestación é a comunicación, tanto oral como corporal. Nos casos graves a linguaxe non chega a aparecer. O momento máis difícil  sitúase nos cinco anos cando se nota a falla de desenrolo na compresión e do uso da linguaxe. Se conseguen adquirir a fala, ditas persoas , xogarán cun vocabulario moi reducido.Este hándicap é o que máis reflicten as películas, sen saber se é un caso grave ou non.É un recurso moi típico dos nenos actores que tratan o autismo. Por exemplo en “En el mundo de Leland” o autista só repite unha frase; “canta una canción.

Todo isto é unha visión parcial. En “Rain Man” e “Al rojo vivo” sí que se dan interpretacións que se achegan a unha posible realidade. Cando falan refírense a eles en terceira persoa, como por exemplo en “Al rojo vivo” o neno sempre dicía ao entrar pola porta; “Simón está en casa.” Ademais son propensos a ecolalia ou a repetición dunha palabra ou frase que eles mesmos acaban de dicir. Nunca inician unha conversa ademais de ter sempre a vista abstraída, como se estivese ausente. As miradas de Dustin Hoffman son un gran exemplo, así como as súas repeticións xestuais que albergaban certos tics.

Outras características  son ordes preestablecidas e repetitivas, xa que non lle gustan nada os cambios. Só hai que ver a reacción do neno cando contacta con Bruce Willis dun xeito brusco ou a reacción ante a rama que estaba no camiño e que interrompía o paseo coa bicicleta do neno autista de “El mundo de Leland.” Tampouco son conscientes ao perigo que os rodean ademais de ter unha maior tolerancia á dor. Tamén poden ter algún obxecto inerte ao cal se senten moi apegados e serían moi sensibles a unha posible desaparición.

Rain-Man

Ao final vese un cambio de actitude no irmán de Raymond, Tom Cruise. Sen embargo, e alonxando mitos, en D. Hoffman non. Fonte; http://www.fatmovieguy.com/june-2015-netflix-releases/rain-man/

Hai tamén un autismo de elevada capacidade. Quizais así non vos soe moito, pero se vos digo que se trata do trastorno de Asperger, polo menos, xa é un nome máis coñecido. Presenta certas similitudes co “espectro” autista como unhas interaccións sociais limitadas e as actividades que realizan tamén son restrinxidas e repetitivas. Sen embargo, non albergan problemas no desenrolo da linguaxe así como tamén están exentos de retraso no desenrolo cognitivo. Con asiduidade son catalogados como seres estraños e excéntricos. Ante tal descrición, un posible exemplo do trastorno de Asperger é Sheldon Cooper, a estrela de “The Big Bang Theory.” Aínda que non é o único con trastornos na serie.

[1]  American Association on Mental Retardation

[2] A maioría dos diagnósticos están entre os 2 ou 3 anos sendo máis frecuente entre o sexo masculino nunha proporción de catro a un. Nas nenas veñen asociadas a un retraso mental severo.

PELÍCULAS E SERIES MENCIONADAS

“¿A quién ama Gilbert Grape?” de Lasse Hallström, 1993.

“Al rojo vivo” de Harold Becker, 1998.

“El mejor de los muchachos” de Ira Whol, 1979.

“El mundo de Leland” de Matthew Ryan Hoge, 2003.

“Forrest Gump” de Robert Zemeckis, 1994.

“Mater amatísima” de José Antonio Salgot, 1980.

“Me llamo Earl” de Gregory Thomas Garcia (creador), 2005.

“Rain Man” de Barry Levinson, 1988.

“The Big Bang Theory” de Chuck Lorre e Bill Prady (creadores), 2007.

” Yo soy Sam” de Jessie Nelson, 2001.

BIBLIOGRAFÍA:

Asociación Americana de Psiquiatría, “Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales (DSM-5),” Editorial Médica Panamericana D.L., Madrid, 2014, pp. 31-86.

VERA POSECK, Beatriz, “Imágenes de la locura. La psicopatología en el cine,” Calamar Ediciones S.L., Madrid, 2006, pp. 9- 116.

WEDDING, Danny, BOYD, Mary Ann, NIEMEC, Ryan M., “El cine y las enfermedades mentales,” J&C Ediciones Médicas S.L., Barcelona, 2005, pp. 29-39.