Mariña Sampedro: “Poder vivir da interpretación, para min, sería o máximo soño a alcanzar.”

DSCN2195

Dende Rois achegábase a Compostela, nun Suzuki Samurai, Raqueliña. Si, a sobriña do Padre Nicanor en “Pratos Combinados.” Aparcando xa na cidade saía do coche Silvia de “Serramoura.” A iso das 11:40 facía a súa aparición na reunión, móbil escangallado en ristre, Olalla, enfermeira e namorada do Doutor Álvarez de Castro en “Hospital Real”.

Quedan algúns personaxes na recámara, mais con estivemos conversando foi con Mariña Sampedro. Nas escaleiras da praza da Quintana botamos uns bos corenta minutos. De cando en cando a Berenguela interrompía para facer saber quen mandaba. Nós seguíamos ao noso.

Antes de empezar coa entrevista, queremos agradecerlle a Alicia Frade Mato, que non puído acudir á cita, a súa previa labor de intermediación. Grazas! É tamén ante a insistencia da entrevistada, non vos esquecer da segunda tempada de “Hospital Real,” os martes as 22:00 na TVG

  • Quen é Mariña Sampedro?

Mariña Sampedro é unha rapaza de vinte anos que estuda arte dramático en Vigo. O que máis lle gusta facer, entre outras cousas, é estar diante dunha cámara o que, de forma interrompida leva facendo dende os nove anos. Esta faceta é coa que máis disfruta  e pretenderá  seguir gozando dela o máximo tempo posible.

  • Cales son as túas referencias á hora de actuar?

Tiven a sorte de estar no mundo do espectáculo dende pequena e iso doume pé a traballar con xente moi boa. Como nos rodaxes o normal é que sexa a máis moza, a máis inexperta, é dicir, a que menos sabe en certo sentido, pois veño para aprender de todo o mundo.

…a decisión foi a de querer estudar (tralo Bacharelato) para darlle sentido a todo o que levaba facendo ata ese momento, non só para poder seguir facendo o que fago.

  • No persoal que te motivou para iniciar a túa carreira como actriz?

Sempre me fun levando e nin tan sequera teño decidido agora mesmo que isto sexa o que quero para o resto da miña vida. Funme levando por esas oportunidades que me ían saíndo. O que sí  é certo é que, cando rematei o Bacharelato vinme solta no mundo real, nesa premisa na que tes que decidir o que queres facer e que che pode afectar tanto para ben coma para mal. Pois ben, a decisión foi a de querer estudar para darlle sentido a todo o que levaba facendo ata ese momento, non só para poder seguir facendo o que fago.

Outra razón é que grazas á ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) tamén me gustaría traballar no mundo do teatro. Aínda que tamén fixen teatro no instituto e, para min, foi tan decisivo á hora de poñerme a estudar interpretación como os papeis que fixen para televisión. Teño a idea de involucrarme no teatro dun xeito máis comprometido, probando o que son os aplausos e as ovacións do público.

DSCN2173

  • Ao final botades a vista atrás é a fama, pouca ou moita compensa ou non?

Non creo que nunca houbese experimentado algo parecido á fama. O que sí é de agradecer sempre é o recoñecemento por parte da xente que vive máis preto dunha coma de calquera persoa que te poidas atopar pola rúa. Sempre gusta que vexan o que fas e que lle apetezan achegarte a coñecerte.

  • Como se deben formar os artistas?

Sempre é importante poñerte nas mans de todos os profesionais que te poidas atopar. Tamén é igual de importante estar aberto e aproveitar tódalas oportunidades que che poidan saír. Ditas oportunidades poden ser á hora da  formación dun artista pero, outras moitas, son as oportunidade de traballo, que che poden axudar máis á hora de formarte.

Na miña propia experiencia persoal, ao levar dende moi cativa actuando non foi ata hai un par de anos que decidín darlle sentido cando comecei a tomar clases na ESAD de Vigo. Ata fai moi pouco a miña formación baseábase na miña experiencia.  Certo é que dende que asisto ás clases podo velo dende outra perspectiva e agarrarme a certos aspectos que antes só eran por pura intuición.

…coa xente do meu entorno que poden ser amigos ou coñecidos da miña idade, por algún motivo, sempre lle parece unha chorrada/parvada que estude arte dramático. Agora ben, sempre lles parece a mar de interesante que saia pola televisión.

Están os artistas desprestixiados, mal vistos socialmente?

Non vos podedes imaxinar ata que punto. Por exemplo, eu, que só teño 20 anos, coa xente do meu entorno que poden ser amigos ou coñecidos da miña idade, por algún motivo, sempre lle parece unha chorrada/parvada que estude arte dramático. Agora ben, sempre lles parece a mar de interesante que saia pola televisión. É algo contraditorio pero si que pasa. No tocante á miña familia nunca tiven ningún problema por pensar que ao que me quero dedicar é algo inseguro ou carente dun futuro estable.

Hai moita xente que pode desprezar esta profesión ao pensar que significa embarcarse nunha empresa demasiada arriscada ou mesmo incluso inmadura. Con todo, penso que cada vez máis estase a cambiar idea que se ten da nosa profesión incluso á xente últimamente gústalle fantasear e mesmo a pensar que o que facemos é bonito.

Seguindo nisto, é o momento de arriscarse. No sentido de que todo está tan inseguro, de que non hai ningún camiño que se poida dicir que é totalmente viable. Por iso é o momento de facer loucuras, vamos, de facer o que che apeteza.

DSCN2186

  • Que pode aportarlle a ESAD a unha profesional do gremio?

É unha sorte poder contar cunha escola pública de interpretación, á que case todo o mundo ten acceso. Para min é un xeito de dar sentido a todo o traballo e experiencias que teño pasado, e tamén unha forma de comezar a miña formación.

  • Adoece Galicia de artistas?

Non adoece para nada de artistas. Non sei por que será, pero Galicia é unha terra onde hai moito e de moi boa calidade. Será que o levamos no sangue. O que estaría ben é que, xa que temos tanto que ofrecer, se nos recoñece e se nos desen máis oportunidades de verdade.

É ese medo, do cal fala todo o mundo, de quedar encasillado. No meu caso, case me parecería un privilexio.  Por que? Porque significa que chegaches á xente…

  • Que debe facer unha actor/actriz para desembarazarse dun papel que o poida catalogar de por vida?

É ese medo, do cal fala todo o mundo, de quedar encasillado. No meu caso, case me parecería un privilexio.  Por que? Porque significa que chegaches á xente, aínda que chegaríase a un punto, a xente máis eu, no cal ámbolos mundos estaríamos fartos de tal ou cal personaxe.

Dito isto, cando te convertes ata tal no punto no que interpretaches e tras, deixar de emitir esa serie, teatro ou película segue no imaxinario da xente significa que o fixeches ben. Estou a falar dende o meu punto de vista, no cal calquera oportunidade de traballo que me saia será a mellor.

Tamén é certo que, probablemente non te vaian a recordar tanto por series como Hospital Real senón por aquel primeiro papel de Raqueliña en “Pratos Combinados…”

Si, é certo que durante toda a miña vida, sobre todo cando era pequena, todo o mundo me coñecía como Raqueliña. Todos os rapaces querían xogar comigo por ser Raqueliña e, de repente cando deixei de ser, e tamén de parecer coa crecida do pelo, Raqueliña, notei o cambio. Un cambio de tratamento por parte das persoas. Comezaban a tratarme de Mariña. Xa non había tantos nenos que quixesen xogar, pero por algún motivo descubríase que eu fixese ese papel, e voltaba a ser Raqueliña. E aínda me segue a pasar. De vez en cando, atópome con alguén un día de festa e, previa interactuación de amigas e amigos,  me recoñece como Raqueliña. Para que te inviten a unha copa está ben!

Tamén hai que dicilo que foi grazas a “Pratos Combinados.” Foi unha serie moi especial que calou moitos nos espectadores. Ao estar once anos na canle da TVG non é tan sinxelo, falando positivamente, borrala do ADN da xente. Foi grazas a que os seus actores xunto cos seus personaxes chegaron a ser tan familiares para todos.

DSCN2185

Nun momento me dixen que non quería ser “unha rapaza normal” e, considero estes sucesos iniciais na televisión como moi positivos.

  • Custou combinar a vida dunha cativa cos inicios, neste caso, na televisión

Non custou para nada. Supoño que tería sido, aínda que pareza mentira, moi diferente. A miña relación coa xente, a miña vida no colexio/instituto, todo sería distinto. Nun momento me dixen que non quería ser “unha rapaza normal” e, considero estes sucesos iniciais na televisión como moi positivos.

– Pero hai moitos casos de nenos e nenas metidos no mundo do espectáculo que rematan como bonecos rotos…

Non foi o meu caso. Non estiven tan metida como para chegar a supoñer que fose un problema para min. Tamén foi pola miña personalidade. Cando era máis cativa e, aínda hoxe, non o tomaba como se fose unha profesión, obviamente.

De repente estaba nun mundo, no cal a xente gañaba o seu pan grazas ao que estaba a facer. Eu estaba alí e gañaba diñeiro pero, por suposto, non era o meu obxectivo nin tampouco me decataba demasiado do que acontecía. Aínda así, esa presión podería dicir que foi o único que me puido cargar dalgunha maneira, mais foi pola miña forma de ser. Si, xa era moi responsable con nove anos. Dito isto, todo aquilo o tomaba coma se fose un xogo e a xente facíase partícipe dese xogo para que estivese o mellor posible.

– Como se porta a xente á hora de traballar con nenos?

Din que traballar con nenos e con animais é o máis difícil en televisión. Supoño que tamén depende moito do neno en cuestión. Eu era unha nena moi responsable que lle gustaba sentirse parte do engrenaxe e non só ir alí a pasalo ben. Toca dicir que sempre me trataron moi ben.

  • Para ti, que significa Ébora cast?

Para min foi un cambio radical o de ser representada por Ébora cast, é dicir, estar nas mans de María Liaño. Non só deixou miña nai de ser a que se ocupase de que ninguén me explotase (mentres o di non pode coa risa), senón que tiven acceso a moitos castings que por min mesma non puidera conseguir. Por exemplo, grazas a Ébora cast conseguín un papel en “El Secreto de Puente Viejo.”

  • En que proxectos andas involucrada?

Pois, na segunda tempada de “Hospital Real” e nos capítulos de “Serramoura” ademais de centrarme nos meus estudos na ESAD (deixa un guiño como incógnita).

Poder vivir da interpretación, para min, sería o máximo soño a alcanzar.

  • Onde te ves dentro de dez, vinte ou trinta anos?

BMW, casa, piscina, un marido e uns fillos que levar a ballet… NON (risas). Se me dis que dentro desa cantidade de anos estou facendo o mesmo que no presente sería un triunfo, aínda que soe a mentira. Poder vivir da interpretación, para min, sería o máximo soño a alcanzar.

  • Para rematar esta parte da entrevista precisamos que respondas a unha pregunta que nos levaba atormentando toda a semana; “cueces o enriqueces”?

(Cun guiño made in Mariña) Enriquezco.

DSCN2199

  • Pasando á serie de “Hospital Real” da que es protagonista, que é o que quere transmitir dita serie?

Penso que Hospital Real é unha serie que marca moitas diferenzas con outras cousas que temos visto na televisión nacional. O feito de que sexa unha serie de ficción histórica ten, dalgunha maneira, unha intención cultural. É moi interesante que se teña en conta toda a historia que temos baixo os nosos pés. Que nunha serie que todo podemos ver, se fale de toda a historia en torno ao Hospital Real, nun contexto histórico tan importante, é moi positivo. Ademais a serie está tratada con moitísimo coidado para ser o máis fiel posible á realidade e non mete ningún gazapos.

Foi un traballo progresivo. De algún xeito non é a mesma Olalla a do primeiro mes de rodaxe que a do último.

  • Como foi meterse no papel de Olalla?

Foi un traballo progresivo. De algún xeito non é a mesma Olalla a do primeiro mes de rodaxe que a do último. Non só por toda a trama e as cousas polas que vai pasando o personaxe, se non porque puiden ir coñecéndoa pouco a pouco, a través dos demais personaxes tamén, grazas a cada un dos días de traballo co equipo.

  • Quen manda no Hospital Real?

Pedro Alonso encarnando ao administrador do Hospital, Andrés Osorio.

– Vale, pero quen manda na trama en torno ao Hospital?

É unha pregunta que lle dan vida á serie, na cal hai un conflito de intereses  e precisamente esa e unha das cuestión da serie; quen manda no Hospital ou quen se quere impor por riba dos demais para mandar?

Todas as leas que se producen é por conseguir o poder. Uns por motivos económicos, outros por fanatismo relixioso, por deber institucional pero tamén por bondade, por pensar que podes facer o mellor para aqueles que te rodean. Destaca na pugna a irmá Úrsula (Susana Dans), o administrador Andrés Osorio, o alcalde de Santiago Mendoza (Miguel de Lira), ou o representante do Santo Oficio, Gaspar Somoza (Luís Zahera).

Isto non se soe ver tanto na televisión; a dunha maioría feminina… Non teñen o poder en sí. Dito poder téñeno os homes, máis vese que por detrás moven os seus fíos ata onde poden.

– Pero, con todo, vese un certo poder e peso das mulleres…

É curioso que preguntedes iso porque nos novos capítulos hai unha trama que está relacionada coas gañas de certas mulleres por mandar, polo menos, sobre sí mesmas.

Respondendo á pregunta, sí que é certo que hai un peso moi importante das mulleres. Isto non se soe ver tanto na televisión; a dunha maioría feminina, amén de que algúns deses personaxes son mulleres moi poderosas. Non teñen o poder en sí. Dito poder o teñen os homes, máis vese que por detrás moven os seus fíos ata onde poden. Por exemplo, Irene Forner (María Vázquez) é a personaxe dunha muller cunha ambición que lle trae problemas precisamente polo feito de ser muller.

DSCN2172

No caso de Hospital Real está gravada en paraxes naturais como é o caso de Herbón. Iso é un luxo que non sempre se pode ter…

  • A que se debe de que aquí a unha parte se rodan cada vez máis series ou películas de “época”?

Supoño que será unha moda. Neste momento á xente gústalle e tamén é algo que non se pode facer sempre, debido a que ten uns custos máis elevados que case calquera serie que se grava ambientada no mundo real.

No caso de Hospital Real está gravada en paraxes naturais, como é o caso de Herbón. Iso é un luxo que non sempre se pode ter. Non hai escenas realizadas no propio Hospital porque, ata onde eu sei, queríase un entorno onde se puidese controlar a situación.

– No voso caso, teredes asesores en materiais comprometidas….

Por suposto. Podo poñer algún exemplo. No caso dos vestidos están todos feitos á man e adecuados á época. Ademais, recordo un día, máis foron varios os días, no que nos visitou un médico especializado en medicina histórica. Este médico nos axudaba a utilizar un vocabulario correcto para a época ou cales eran os instrumentos que eran adecuados para cada función. Tamén, previamente, co guión ou co atrezo, está revisado para que sexa o máis fiel á realidade.

 DSCN2189