MERCEDES PEÓN: “SON UNHA HEREXE”

IMG_20150815_185437

Fotografía; Javier Domínguez

Mediados de Agosto. Un verán atlántico deses de choiva e frío, tan irlandeses. O lugar, Pontevedra, preto do parque dos Gafos. E ademais no día adicado ás mulleres que escribiron en galego. Nesta conxunción astral comezamos outra conversa bárbara cunha muller que sacou o berro melódico e profundo das cantareiras da súa nenez da escuridade e o levou ó escenarios de todo o mundo. Nada no 1967, ós 13 anos topou nas cantareiras da Costa da Morte o seu destino vital e musical. Nos seus traballos tópanse obras como Isué, Ajrú, Sihá ou SÓS os cales lle valeron o Premio Nacional de Cultura 2008, o de Mellor artista do ano segundo o magazine Folkworld, Galega do Ano no 2005 entre moitos outros recoñecementos.
Quen é Mercedes Peón ?
Son unha persoa máis.
É difícil facer música en Galicia ?
Non, xustamente Galicia sostén en min a creatividade e é a fonte que me alimenta. Outra cousa é vivir dela ou loxísticamente que sexa unha boa ubicación para ser unha artista internacional, nese caso diría que non é o lugar máis idóneo para coller avións. Cada vez que hai que sair de aquí tes que coller catro avións, dous de ida e dous de volta, pasando sempre por Madrid, Barcelona ou Londres.
 
En que se inspira á hora de crear ?
É un proceso sen método. Nos sons da vida que me rodean. Facendo unha auto análise podería si hai algunha fórmula recurrente como a investigación polirítmica cunha profunda inspiración dos ternarios aprendidos da nosa creación colectiva, ou dun concepto, ou dunha melodía composta pola improvisación vocal dos sons mesturados cun espazo concreto arquitectónico, ou como acontecerá no seguiste disco provocado pola protagonista duna novela, etc. Creo que pola vida en xeral e as vivencias e reflexións que teño aqui e agora.

Eu escoito moi pouca música. Paseime a adolescencia escoitando as mulleres que me insinaron algo totalmente abraiante, voz e pandeireta relacionada co transo dos excesos levados da man de muiñeiras e maneos.


Ten referentes estéticos ?
A pregunta non é doada de contestar. Eu escoito moi pouca música.Paseime a adolescencia escoitando as mulleres que me insinaron algo totalmente abraiante, voz e pandeireta relacionada co transo dos excesos levados da man de muiñeiras e maneos. Se analizo a miña música actual creo que a tecnoloxía influencioume enormemente pero non podo decirvos ningún referente que esté plasmado nun CD. Inda así sería imposible que non teña acordos musicais que xa estaban pactados como harmonías, e tipo de instrumentación que sempre estiveron presentes no noso mundo actual e que levamos escoitando toda a vida como unha batería co baixo eléctrico, fórmulas que funcionan e que é doado botar man delas.

Que futuro lle espera á música galega ?
A música de creación colectiva….música galega, música pertencente a industria musical…galega, música con ideoloxía ou representativa…folclórica. Música de composición individual feita en soidade ou nunha comunidade de grupo…en galego. Etc. Pois tamén ten unha complexidade a resposta que teriamos que reflexionar profundamente para saber que acontece e tentar imaxinar o futuro. Pero unha cousa si está clara e é que alén da identidade está o mundo no que vivimos que a través dos medios de comunicación aceptamos fantasías como o que é valido e o que é inválido. Temos que ter en conta que o galego como lingua e cultura está sufrindo dende hai décadas un acoso e derribo na nosa sociedade “galega” e iso afecta profundamente a calquera identificación cultural e a música por suposto que tamén.

Ainda así hai un ar fresco cos movementos sociais dos seráns vidos da man de mulleres incríbles das aldeas como o que acontece no lugar de Toutón e as persoas marabillosas que veñen da revolución das pandeireteiras, dos grupos folclóricos que teñen esa vía de escape para sairse deste mundo artificial e crear unha festa en calquera punto da nosa xeografía.
IMG_20150815_185402

Fotografía; Javier Domínguez

Temos que ter en conta que o galego como lingua e cultura está sufrindo dende hai décadas un acoso e derribo na nosa sociedade “galega” e iso afecta profundamente a calquera identificación cultural e a música por suposto que tamén

-Das súas investigacións sobre folclore cal serían as conclusións ? Hai gran heteroxeneidade interna no país ?
O folclore está totalmente influenciado pola doxa de poder en cada momento. As persoas non transgredimos realmente as pingueira que foron conformando o noso pensamento e os nosos conceptos. Se definimos folclore como o que identifica un pobo e este folclore ven da man da interpretación de persoas que indican e lideran o proceso e a posta en escena tería que dicer que por unha banda grazas as investigacións e relación que se tivo co mundo paralelo e non por iso fora do contemporáneo que é a verdadeira creación colectiva de centos de lugares nos que había entre eles moitas cousas en común, fala galega pero non hexemónica, chea de matices, chea de sons diferentes, de verbas locais que nos identifican co que nos rodea etc e na música e o baile igual, eran muiñeiras, maneos ou xotas, pateados etc con normas sabidas e creadas para o transo…. Fixo que ainda neses liderados haxa unha cantidade de claves na linguaxe musico-corporal e que nos pode valer para que nun futuro non se perda pero por outra banda a improvisación na que estaba baseada unha grande parte desas linguaxes é a carencia de xéneros como os entendemos na cultura capitalista fai que nos perdamos un sistema que non tiña nin ten nada que ver coa agresividade do mundo do consumismo é do androcentrismo.

SOS foi para moitos o cumio da súa produción, para cando un novo disco ?
Estou neso….non hai presa.

IMG_20150815_185628

Fotografía; Javier Domínguez

A carencia de xéneros como os entendemos na cultura capitalista fai que nos perdamos un sistema que non tiña nin ten nada que ver coa agresividade do mundo do consumismo é do androcentrismo


Tradición e vangarda pódense combinar ?
Eu entendo tradición como creación colectiva dunha comunidade, non hai nada máis vangardista. No mundo da industria musical e de composición, o meu caso e o de moita xente que ama as melodías perfecta e imposible de compoñer na individualidade, cando se usan é iso un uso que pode ser máis atinado ou menos. Comecei a reflexionar no escenario que tal tema era un “desarranxo de tradicional” porque non hai nada que arranxar, volvemos á prepotencia dos acordos asumidos desta sociedade agresiva con todo o que non ten autoría e é susceptible de usarse no teu propio beneficio (consumo). Polo que para contestar teño que diferenciar varias cuestións, a tradición é vangarda e o uso das melodías xurdidas desa creación na individualidade compositiva arranxística o que fai é darnos unha beleza e complexidade imposible de alcanzar doutro xeito.

Que opina dos puristas ?
Que hai contexto para todo.

A súa música é tamén reivindicativa, como se pode utilizar a música na protesta social ?
Creo que eu e a miña música somos o mesmo. Son un ser social e a música axúdame a ter unha coherencia de vida que sen ela estaría tan deprimida e subxugada que creo que sería moi difícil respirar.

Notou algún tipo de rotura dende que se adicaba máis ó tradicional ata a súa nova estética ?

Non houbo ruptura, son facetas distintas e complementaria. A imitación do que aprendía nas aldeas era un entendemento da linguaxe e o entendemento levado ó escenario, e ademáis con esa certeza de que o habia que poñer á vista. Todas esas melodías incríbeis e perfectas  que chegaron aquí coas aportacións de centos ou miles de persoas através do tempo, para que estean hoxe en día servindo como transo para unha comunidade. e iso as veces creo que o estou esquecendo, por non ter as vivenzas dende ese plano e estar coma unha anacoreta no meu lugar a compoñer soa, moi soa e canto máis soa estou menos interese creo que ten o que fago que realmente vai dirixido a min mesma e a un mercado para gañarme a vida.

IMG_20150815_185327

Fotografía; Javier Domínguez

Creo que eu e a miña música somos o mesmo. Son un ser social e a música axúdame a ter unha coherencia de vida que sen ela estaría tan deprimida e subxugada que creo que sería moi difícil respirar.

E eu facia iso, aconteceu unha cuestion que foi un punto de inflexión personal e en consecuencia musical. Eu precisaba transmitir artísticamente un posicionamento, tanto dende que era cativa como no momento que era popular na televisión. E creo persoalmente que era debido a que cando naces hai unha caixiña reservada para ti, nacemos nunha sociedade creada cuns acordos que xa están feitos. O abraiante foi que indo polas aldeas decateime de algo que xa intuía, eses acordos urbanitas e globais do mundo pertencente ó capitalismo non cadraban en absoluto no que amosaban as relacións entre nesas persoas de micro-hábitats en Galicia. Iso conformou a miña personalidade, ética , estética. Cando tiven a necesidade de expresarme libremente sendo un ser político-creativo fíxeno saindo todo cal enxurrada, mundos posibles porque xa estiveron e están aí. A música que fago permíteme no mesmo segundo e instante estar trasmitindo ideas totalmente distintas que conviven perfectamente no mesmo instante. Pensamentos recurrentes dentro do orgullo como cultura, de dedicación contra o ostracismo das persoas máis humildes que son as que crean a fala, quen crea a música.

IMG_20150815_185544

Unha alta cultura e unha cultura popular non ? Unha orgánica e outra diferente ?

E que a alta cultura non existe.

Acabamos de asistir a un acto importante, o día das Galegas nas Letras, por que é importante ?

A plataforma de crítica literaria “A sega” composta por Ánxela Lema, Verónica Martinez, Ana I. Morales,Andrea Nunes, Andrea Ruthven, María Reimondez, Eli Rios, Laura Rozados, Laura Rios, Susana Aríns,e Beatriz Suárez deciden, que xa que hai un androcentrismo e machismo e prexuízos grandísimos coas mulleres, organizar un día adicado só ás mulleres que escribiron en galego.  os motivos son obvios pero por se alguén está despistada A Sega pon á luz outra maneira de mirar, en definitiva son unhas herexes do mundo literario onde están plantexando que en 52 anos de Letras Galegas só hai tres mulleres mencionadas. Unha é Rosalia, que xa non é nin muller, é coma  unha santa. Ou iso, ou non ten xénero. Colocala como Santa non molesta e ainda sendo evidente o transgresora que era, inclusive queer (idea que quitei de María Reimóndez oa ler a súa recomendación  “o cabaleiro das botas azuis”).

Nesa mirada fóra do estanque tamén me recoñezo como herexe e as apoio incondicionalmente.

Temos por unha parte o galeguismo boina que é artellar dende o enceldamento cultural e reduccionista e por outra banda a herexía cultural porque é diferente e que o resto tenta maldecir ?

Meu avó usaba boina, e a miña avoa pano a cabeza. Nestes termos agóchase tamén un menosprezo ao noso máis auténtico, outra cousa é como se manipula dende o poder gubernamental e como se utilizan os simbolos. Por exemplo a gaita como instrumento rei de Galicia e cantos máis gaitei@s mellor. Isto é unha invención. En canto intervimos dende o institucional ou dende o privado xa estamos manipulando e de aí a miña visión crítica e de posta en cuestionamiento cos movementos tradicionalista porque hai unha ideoloxía detrás e en canto se utiliza a frase recurrente ” é así por tradición” hai que comezar a dubidar xa que non hai nin sequera unha interpretación para explicar o que están a facer.

  • Como unha foto fixa ?

Nin sequera é unha foto, non é real. Por exemplo, os grupos folclóricos de baile se lles facemos unha crítica dende unha mirada como a das “segadoras” decatarímonos de que é unha posta en escena androcéntrica, porque se pode demostras outras suxetividades alén de que as recollidas de campo que se fixeron nos anos 80-90 o 90% da información viña da man de mulleres super poderosas que moitas delas poñíanse cos seus tractores en Carballo xa protestando polas condicións do agro e a policia a bater nelas e agora vemos uns arquetipos de feminidade e virilidade fora de lugar .

  • Un exemplo de galeguismo boina serían os gaiteiros no Obradoiro tocando na investidura de Manuel Fraga….

Sí, mais resulta que nunca houbo dúas gaitas tocando xuntas. Iso comezou nos anos 20-30, coma os Trintas de Trives como confirma a tese de Fernando Abreu, foi un cuarteto que lle compuña todo un señor que facía ópera e zarzuelas en Madrid. Temos que ler. Hai que ler a súa tese, máis se sabemos mirar todos os cuartetos-quintetos, murgas e charangas son dun momento moi curto da nosa historia musical, 10 ou 15 anos e despois por cuestións ideolóxicas fixéronse heroes e asumiuse que esa era a nosa música máis auténtica. Nunca houbo maís dun gaiteir@ tocando porque se facían con tornos de pedal, gaitas esquisitas no seu son máis enxebre sen escala temperada, cunha relación co baile e a festa fora de toda dúbida. É máis, unha cousa sen a outra non existiría, como lle pasa ás pandeiretas coa tocadoras e o baile. Por iso cando me falaches do galeguismo boina tiven que matizalo, non é cousa túa, senón un termo creado, unha construcción. Son repunante, sempre quero romper as cousas que me veñen dadas para atopar os meus propios acordos musicais, de vida, de pensamento, de posicionamento social.

IMG_20150815_185428

Fotografía; Javier Domínguez

Galicia aparte de ser unha comunidade e un país cultural, ese país cultural cada vez é mais cativo porque non hai a normalidade de que unha nena naza en Galicia na sua propia cultura, e que só quedan un 10 % de nenos que falan galego

Cre vostede que non se é profeta na terra ? Topo que actúa en Cracovia, Italia, mais en Galicia non é tan intensa.

Esta pregunta fanma moitas veces e quixera reflexionar tranquilamente por que se me fai.  Calquera cousa que saia de Galicia revirte no interese xeral, de fora cara dentro. Iso é así en todos os casos. A falla de normalidade dentro da nosa cultura fai que sexa así. A miña música fora é un referente, un punto interesante grazas a esa profundidade cultural que menosprezamos e dende os gobernos se non é molesta non se meten, como algo folclórico que lles da unha color non unha identidade. Por outra banda eu síntome queridísima pola xente máis humilde ou máis sensible abertas á paixón e sen prexuizos. Houbo momentos de tal popularidade que comecei a non sair moito da casa ou só quedar coa miña pandilla e familia. Con 25 anos aconteceume algo totalmente improbable que foi popularizarme através desas mulleres incribles que tocaban, cantaban e bailaban como se foran doutro planeta e elas e eles déronme un agarimo que ata hoxe en día non podo máis que estar agradecia. Por outra banda cando publiquei o Isué xa o primeiro ano tiven 35 actuacións, moitas internacionais pero moitas nacionais e así durante uns 15 anos,

Tamén me sinto identificada cos movementos sociais máis críticos e coas nosas- nosos pensadoras máis complexos e querida por el@s tamén.

adoro a danza contemporánea e enténdome e admiro a Rut Valvís, Janet Nován, Andrea Quintana etc.

Respondendo á cuestión, síntome queridísima e é o lugar onde quero estar maís non son profeta porque eu son tamén anti liderados e nunca alimentei esa fórmula e como artista creativa que son tampouco teño moi claro que o que fago actualmente teña moito interés.

  • Creo que sí…

Pois se o teño mellor. Teño o Premio Nacional de Música, que iso desapareceu, a este paso vou ser a única que teña ese premio (risas).  A xente cando andaba pola rúa ó comezo cando me rapei a cabeza parábanme e apertábanme moitas señoras e dicíanme “Estás ben ?” e eu dicía que sí entón respondían “Ai que ben!”, o afecto é enorme. Na miña terra aprezo cousas e dígovos que emocionalmente estou sobrepasada do que se me quere, non teño a sensación de que non se me quera ao contrario.

Ven a fama de romper moldes ?

Non o fixen a propósito, simplemente quería plasmar uns ollares propios e esa autenticidade resultou rompedora pero nunca foi intencionada.

Fágome un hara-kiri cada vez que saio ó escenario

  • Tamén o bo cine ten que amosar cousas incómodas que revolvan no estómago…

Non entendo a creatividade se non ten emoción, ten que emocionar dunha maneira ou doutra. Eu vivo os procesos conceptuais cos meus procesos de vida e iso se vai refrexando nas composicóns. E logo fagome un hara-kiri cada vez que saio ó escenario. Como vestes actuando baixo a choiva, sen preocuparme polas consecuencias de se mañá o equipo funcionará.

IMG_20150815_184539

Fotografía; Javier Domínguez