Bruce Springsteen antes da fama mundial (ata Born in the USA)

“I’m a president, but he’s The Boss”

Barack Obama no Kennedy Center Honors (2009)

03 BRUCE

Supoño que cada quen ten o seu momento para coñecer ao seu ídolo. No meu caso, un vello rockeiro de carisma e dignitas aseguradas. Así, entre persoas de consistente barriga e precario pelo amén de algún que outro rapaz criticón que en vez de disfrutar criticaban, o vin. Foi no 2012 no Santiago Bernabéu onde un vello de máis de sesenta anos cunha enerxía de un de dezaoito cubrindo un concerto de 3 horas e 45 minutos . Embobado coa súa música, quedeime paralizado ata que na última – unha versión de Twist and Shout – houbo que dalo todo. Deste modo, rematou o traballo de The Boss nun abarrotado estadio Santiago Bernabeu e deste modo comeza unha pequena aproximación a este novo frautista de Hamelín.


Bruce Springsteen, como calquera outro músico, non puido chegar a ser o que é sen beber, empaparse de todo o que acontecía ao seu arredor. Todo queda reflectido nas súas cancións – incluso nas inéditas – e nos monólogos conversas que ten co público nos concertos. Automóbiles, carreteiras, onde se buscan a maneira dunha fuxida os personaxes, rapaces confundidos, heroes rotos pola realidade, sensacións, amor condenado. De todo isto e máis, fala Springsteen. Vaise movendo entre a dura realidade e o eterno soño americano,  onde gaña a primeira, xa que como en The River; “Is a dream a lie if it don’t come true?/Or is it something worse?

Como cativo pasou con máis pena que gloria polo conservador e medio morto pobo de Freehold, New Jersey. Fillo de Douglas Springsteen e Adele Zerilli, casados no 1947,  veu ao mundo o 23 de setembro de 1949. Nos pais xa se percibiu unha disparidade evidente. Douglas, descoidado na infancia, volveu na II Guerra Mundial, onde conduciu camións. Era un home de fábrica. O resentimento e o descontento eran palpables. Sempre lle recordaba que botaría a súa vida pola borda. Non había maneira de entenderse. Pola contra Adele – secretaria – ía a buscalo tras algunhas liortas. Foi quen lle comprou a súa primeira guitarra ademais de intentar intermediar entre ambos. Aínda co isto Bruce sempre tivo o cariño dos avós paternos que o coidaron como se fose aquela filla que perderan con cinco anos. Foi un substituto.

03 Anuario do instituto                    bruce-springsteen-1

Foto do anuario do instituto.                                        Vemos nesta foto a un Springsteen delgado, con barba,
                                                                                                        pelo algo alborotado baixo un gorro de lá, chaqueta de coiro.
                                                                                                       É un aspecto case de barrio. Cambiaría…

Nos colexios onde o matriculaban seguía unha liña de anonimato. Un cativo de pelo longo, moi fracucho e cheo de grans coñecido polo sobrenome de Saddie (tristón). Senón fose pouco no colexio parroquial de Santa Rosa de Lima as monxas o maltrataban e seguro que a moitos máis. Hai dous exemplos que aparecen nos libros consultados que son ben significativos. Dunha vez mandáronlle permanecer unha clase sentado na papeleira porque “ese era o seu sitio.” Doutra, simplemente con once anos levárono a unha clase duns nenos que contaban con seis anos e, tralas precisas ordes da monxa, un destes levantouse para propinarlle un puñada na cara a modo de “adoutrinamento.”

Ante a situación dun futuro non moi distinto ao do seu pai – descontento coa súa vida e o traballo – algo ou alguén o debía salvar. Ese algo foi a música. Segundo comentou avanzado no tempo a primeira vez que se puido mirar a un espello foi tocando a guitarra. Isto repercutía na casa onde el maila guitarra eran os suxeitos impopulares. A televisión, de forma indirecta, tamén lle influíu. Nela foi onde xunto a millóns de estadounidenses/as viu no 1956 ao Rei, a Elvis Presley, actuando no Ed Sullivan Show. O xerme estaba posto. Nese mesmo programa tamén actuaron os Beatles no 1964 que abriron a invasión británica. Era o momento no cal pasaba tocando para mellorar todo o tempo, a súa razón de vivir ante a desacougo imperante nel.

00 Elvis-Presley-on-The-Ed-Sullivan-Show-1956-Banned-From-TV

Elvis Presley actuando en 1956 no Ed Shullivan Show. Un blanco que mezclaba música negra – góspel, blues e rythm and blues – coa blanca ou música country. No 1976 intentouse colar en Graceland coma un fan máis. Sen embargo, recordaba nun concerto en 1984 a morte do  Rei con estas palabras; “É difícil comprender como alguén que afastou a soidade de tantas persoas acabou sentíndose tan só. Moitos tipos de illamento poden acabar con un

Con todo, comezou a moverse polo novo mundo da música nunha época de 65/69 de violencia e distanciamento xeracional onde todos se volvían hippies e algúns ían a morrer a Vietnam. Foi saltando de grupo en grupo. No primeiro, The Rogues botárono pouco despois do concerto no Freehold Elks Club por falta de práctica. Despois virían The Castiles, o power trío de Earth, Steel Mill, e Dr. Zoom and the Sonic Boom. Co quintento de The Castiles gravou dúas cancións propias do grupo; “Baby I” e “That’s What You Get”. Tocaban onde podían, incluído nun psiquiátrico. Neste tempo empezou a gañar fama, tras ensaios e ensaios, como virtuoso da guitarra de New Jersey así como tamén o de coñecer futuros colaboradores como Steve Van Zandt, Clarece Clemons, ou Garry Tallent. Tamén comezou a formar unha Bruce Springsteen Band

 Por ese tempo encontrábase no dilema de que quería ser na música. Con certa fama na costa Este, optou por se a voz do seu primeiro disco. Pasou de tocar en grupos que prometían moito e duraban pouco a por as pedras que cimentaron o seu éxito. No 1969 a familia trasladouse a California para que Douglas traballasen nunha fabrica. El quedouse, así que era unha aposta do todo polo todo para coa música. Ademais cambiou, dentro dun descoñecemento que nun futuro lle daría problemas, de manager. Tras unha audición – presentado polo anterior manager, Tinker West – firmou un contrato con Mike Appel. O que fixo Appel foi quitar todo o que non tiña que ver con Springsteen do seu círculo.

01 Mike Appel                   03 john-hammond

Mike Appel. Con el posuía un triple contrato; de                 John Hammond descubridor de por exemplo Billie Holiday,
produción, de publicidade e de representación.                    Benny Goodman ou Bob Dylan.

Era o momento. Appel arrasando con todo chegou ata o despacho de Hammond e espetoulle un “Foches ti quen descubriu a Dylan? Crees que sabes de música? Pois o meu rapaz é mellor.” Os métodos non gustaron mais deron resultado. Fixo o proba “como se a vida lle fose nela” recordaría Appel e acordouse a gravación dun disco con Columbia Records a través de Laurel Canyon, a discografía de Appel e Cretecos. Aínda que o venderan como un cantautor pronto o músico reclamou a participación de músicos, dunha banda propia que non fora a típica de sesión. Así a principios de 1973 saía Greetings from Asbury Park, NJ, e en novembro o segundo The Wild, The Innocent and E Street Shuffle onde tamén se ía conformando o que sería a E Street Band. Hai que dicir que a publicidade que lle fixeron, catalogándoo como un novo Bob Dylan non lle fixo graza. Sabía que con anterioridade outros músicos saíron con esa lousa e enseguida quedaran coma bonecos rotos.

03 STREET

Bruce Springsteen e a E Street Band no 2007. De pé: Dany Federeci (1950 – 2008), Max Weinberg, Roy Bittan, Bruce Springsteen, Patri Scialfa, Steve Van Zandt e Garry Tallent.  Sentados: Nils Lofgren e Clarence Clemons (1942-2011). Non sempre estiveron unidos. Estaban libres para conformar a súa propia carreira por separado[1]

Faltaba algo, faltaba o éxito comercial. Estaba no medio da presión da CBS para sacar un disco máis comercial e a expectación xerada entre o público por parte de críticos de músico como Jon Landau. Viu a Springsteen, por segunda vez, de teloneiro de Bonnie Raitt no Harvard Square Theatre. A partir de aquí escribu aquel famoso artigo no que dicía;”Vin o rock and roll do pasado pasar coma un raio por diante dos meus ollos. E vin algo máis: Vin o rock and roll do futuro e o seu nome e Bruce Springsteen. Nunha noite cando necesitaba sentirme mozo, el fíxome sentir como si estivese escoitando a música por primeira vez.” Este crítico, pertencente á revista Rolling Stone e The Real Paper de Boston sería clave para o disco de Born to Run. Van Zandt volveuse a unir á banda e tras un anuncio no Village Voice chegaron o batería Max Weinberg e o pianista Roy Bittan amen dunha violinista de corta duración, Suki Lahav.

ca. 1974, Cambridge, Massachusetts, USA --- Bruce Springsteen and Jon Landau --- Image by © Jeff Albertson/CORBIS

Bruce Springsteen e Jon Landau. Este último, con 27 anos tiña a enfermidade de Crohn ademais de que o seu matrimonio non ía ben. Debeu ser un revulsivo ver a actuación de Springsteen

Born to Run deixounos exhaustos. O perfeccionismo de Bruce alcanzado cotas moi altas porque quería “ facer o mellor disco da historia de rock and roll.”Só para a canción homónima utilizaron seis meses para perfeccionala; de maio a outubro do 1974. Bruce quería soa coma Phil Espector, ter as letras de Bob Dylan, as guitarras de Duane Eddy e o son da voz de Roy Orbison. O disco saíu en setembro do 1975 tendo o terceiro posto en EEUU e o décimo sétimo no Reino Unido nas listas de Billboard. A publicidade funcionaba. Columbia Records acabou gastando un cuarto de millón mais significou, por exemplo, saír nas portadas de Time e Newsweek no mesmo ano. O problema veu do efecto rebote da fama. Algúns críticos o catalogaron de hype – un montaxe publicitario empregado para ensalzar un produto mediocre – ou por exemplo o New York Times publicou un artigo titulado: “If Bruce Springsteen didn’t exist, rock critics would invent him.” O fracaso produciuse veu a Europa. Un cartel en Londres anunciaba que a cidade estaba preparada para Bruce e a E Street. Tivo suficiente arrancando, de paso, uns carteis que o poñían como “o futuro do rock and roll.” O primeiro concerto no Hammersmith Odeon el mesmo o catalogou como un fracaso total e ante a petición dun segundo, saíu del, aínda que convencera ao público, dubitativo. Non volvería a Europa ata seis anos despois quedando sumido nunha crise filosófica a raíz de coñecer de primeira man a fama.

03 BorntoRunCovervariationok 00 Born-to-Run-The-Unseen-Photos_top_image_popup

Varias fotos da sesión para Born to Run con Clarence Clemons. Ambos fomentaron unha lenda sobre como se coñeceron. Nas fotos vese a complicidade e a superación racial, non tan característico do EEUU dos setenta nin de agora. As imaxes son de Eric Meola

Trala visión da fama tamén viu a outra visión da música, a mercantil. No 1976 caducaba o seu contrato con Appel e empezouse a dar conta das desvantaxes. Dende 1972 percibiu 67.000 e nun só pago. Tiña  o dereito ao 3,5% da venta dos discos e as cancións pertencían a discografía de Appel. O xuízo comezou o 27 de xullo cando Bruce demandouno por fraude influencia excesiva e abuso de confianza. Appel contrademandouno. Non houbo nin malos nin bos. O músico cría na integridade musical mentres que o representante non vía mal aproveitarse ao máximo desa música na cal se dedicou en corpo e alma ademais de proporcionarlle unha verdadeira oportunidade. O xuíz,  tras cambio de avogado, saíulle favorable. Aínda que Appel se levara una centos de miles de dólares – nunca transcendeu a cifra – e parte dos beneficios dos tres primeiros discos, Bruce conseguiu o que se propuxo. Quedou libre para gravar con quen quixera –Landau – e sobre todo o control sobre as súa cancións e de novas creacións.

Entre o primeiro éxito e o descubrimento mundial con Born in the USA en 1985 pasaron historias e discos. Xusto despois do xuízo entraron a gravar un novo disco, entre o verán de 1977 e principios de 1978. Antes non podía. En Darkness of the Edge Town revélase o peso da vida adulta e a soidade de modo que desestimou moitas cancións. Estas – vintedúas cancións – serían recollidas no 2010 en The Promise. Inclúese as fotos, realizadas por Eric Meola do viaxe que Bruce e Steve Van Zandt realizaron de Utah a Nevada que fixeron en agosto de 1977 onde está a “Rattlesnake Speedway.”

00 200x200xBruce-Springsteen-The-River-Delantera.jpg.pagespeed.ic.8NBM_3CYVL      00 Topmusicablog_BruceSpringsteenSaveMyLove

Para a canción que lle da nome ao disco                      Foto da viaxe polo deserto dende Utah a Nevada. Aparecen dous 
inspirouse na historia da súa irmá Ginny                  símbolos de moitas cancións; un coche e a carretera.
e o marido desta.

O éxito foi máis pausado. Derivaba da idea de Bruce de deixar que o disco circulase en vez de facerlle unha gran promoción. En vez de relaxarse en marzo de 1979 entraron no estudio e un ano e medio despois estaba listo The River. Aquí fíxolle caso ao consello de Landau – representante a tempo completo – e Van Zandt se sacar un single de éxito. Ao final foi “Hungry Heart” quedando no posto 5º da Billboard. Entremedias víuselle ao cantante a vena activista. En setembro de 1979, xunto con outros músicos, deron varios concertos no Madison Square Garden para MUSE – Musicians United for Safe Energy – trala fusión parcial da planta nuclear de Three Miles Island, Pensilvania. Tamén se implicou na causa dos veteráns de Vietnam. Tiña consigo o libro de Born on the Fourth of July, e tras saber de que a fundación precisaba de cartos organizou os seis concertos en L.A. para recadar fondos. Había que enfrontar esa realidade. Un duro cara a cara para poder superalo.

Nos próximos dous discos obsérvase a visión dos anos 80. O que os diferenza é o modo de compoñelos e o impacto do gran público. Nebraska foi algo persoal, tan persoal que foi lanzado como disco en solitario. Un disco folk, directo e simple, gravado nun casette de catro pistas.  En abril de 1982 entregoullo á banda para darlles a forma definitiva. Non houbo feeling e así como os gravou na súa casa de Colts Necks en New Jersey así saíron en novembro dese ano.

000 44eb0ca0ad565e718b67a744cc9b60042e30a193-1                   00 bb

Como xa dixemos a súa imaxe cambiaría.                         Para o single “Dancing In The Dark” lanzado en maio – 
Pantalóns vaqueiros desgastados, camisetas                   o disco foi no 4 de xuño de 1984 – fixo, primeiro uha versión  
de sisas e sobre todo unha maior musculatura.               cómica para a MTV e despois unha versión en directo rodada
                                                                                                                        por Brian de Palma. Axudouse da actriz Courteney Cox.

Aínda así as gravacións para un disco de rock seguían, mais seguían empantanadas. Na E Street Band entraron Nils Logsfren – substituíndo a Van Zandt – e Patri Scialfa – tres semanas antes da xira. Desta vez seguiu o consello de Landau exposto nunha carta de cinco folios. Nela aseguraba que o disco debía ser un collage do pasado presente e futuro comezando pola canción de “Born In The USA,” empregar un son moderno e actual e sobre todo reflectir emocións adultas. E así saíron cancións pegadizas que axudado pola errónea polémica que atraeu o disco o colocou no primeiro posto tanto en EEUU coma en Reino Unido[2]. A partir de aquí chegou o recoñecemento mundial tocando na xira dende New Jersey ata Australia ou Xapón.

E aquí coa chegada da fama mundial e a springsteenmanía é onde paramos. Faltan moitos temas que contar; disolución e reunión da E Street Band, dous matrimonios –  Patri Sciafa ten descendencia ,un Óscar por Streets of Philaphedia, unha nova banda como é a Seeger Sessions Band e sobre todo discos con, e sen a banda. Tamén a morte dalgún membro como Dany Federici e Clarence Clemons, alias Big Man. Pero isto xa o coñecemos debido a que se encontra máis próximo no tempo á vez que case todo o que faga teña repercusión. Non foi así nos comezos.

00 bruce_springsteen_3

[1] O nome da banda provén da calle Belmar en New Jersey cando ensaiaban no garaxe da nai de David Sancious. Este foi un dos que deixou a banda xunto con Vini López.

[2] A polémica debeuse á utilización de “Born in the USA” na campaña electoral de Ronald Reagan en 1984. http://www.politico.com/magazine/story/2014/06/bruce-springsteen-ronald-reagan-107448.html#.Vc8njvntmko

BIBLIOGRAFÍA:

POWELL, Steve J., Bruce Springsteen, Ediciones Cátedra S.A., Madrid, 1998.

RONDA, Magela, Bruce Springsteen. De Greetings from Asbury Park a la Tierra Prometida, Random House Mondadori S.A., Barcelona, 2012

WHITE, Ryan, Springsteen. Vida y discografía, Art Blume S.L., Barcelona, 2014