O binomio Hergé-Tintín (I)

las-aventuras-de-tintin

Era o 10 de xaneiro de 1929. Aínda eran os felices 20. Non se cheiraba o crack da bolsa de Nova York. En Bélxica nunha tira cómica do suplemento infantil de Le Vingtième Siècle, Le Petit Vingtième aparece un cativo reporteiro con aires de adulto. É Tíntin, unha das tiras cómicas máis lidas e con máis seguidores no mundo.

O debuxante encargado de tal creación foi Georges Remi. Mellor dito Hergé, inversión das súas iniciais tal e como se pronuncian en francés. Resultaron ser una combinación letal. Hergé dende o sofá e Tintín dende o cómic viaxando arredor da Terra (e a Lúa) demostraron ser uns óptimos cronistas do século XX. Pódese ver na primeira e na última viaxe. Na primeira fai un reportaxe na recente creada Unión Soviética e na última publicada achégase, de novo, a América do Sur.

Non pretendemos aquí analizar un por un todos os cómics das aventuras do reporteiro. Mais ben queremos que quede constancia da propia experiencia vital do seu creador amén de temas que quedan patentes directamente nos cómics así coma outros máis subxacentes pero cun pouco de lectura se recoñecen facilmente.

De esta forma pódese rastrexar un Tintín scout da man do libro de Scouting for Boys  de 1908. Un libro escrito por un heroe inglés da guerra dos Boers, Baden Powell. Pronto se converteu no movemento escultista, onde ensinaban aos rapaces unha serie de códigos éticos e habilidades para poder “sobrevivir.” Hergé enchoupouse deste ideario cando tiña uns 11 anos*. Rematara a I Guerra Mundial e con ela a primeira ocupación alemá de Bélxica. Inglaterra estaba en liza en Bélxica, a súa relación era espléndida tras axudar na liberación. Supoñía para Georges Remi unha actividade extra – escolar  ó aire libre que o levou polos Alpes e Pirineos. Grazas a eles entrou viu países como Francia ou Suíza. Hergé extrapolou certas habilidades cara o seu personaxe. Tintín é un improvisador nato,un McGyver do seu tempo. Posúe unha extraordinaria resistencia para longas camiñadas, escaladas natación así como certas habilidades como saber prender lume ou tallar unha navalla. Por encima de todo a uns principios; o de camaradería e lealdade sazonado todo coa filantropía de axudar ós demais. Queda reflectido en por exemplo a defensa dos indios en Tintín en América, da defensa na China (El loto azul) dun condutor de rickshaw tralo choque deste con un suposto “superior demócrata” occidental ou dos xitanos en Las joyas de Castafiore.  Pódese dicir que non habería un Tintín sen os scouts.

herge3

Un Hergé mozo scout ( de pé)

No tocante ao tema de reporteiro, aínda que mellor sería un detective ou investigador Hergé debeu ter moi en conta a diversos reporteiros da época. Entren eles elixín a dous. O francés Albert Londres que morreu investigando o incendio do transatlántico Georges – Philipper e o inglés Arthur Rackham que enviaba informes dende a Unión Soviética. Con todo isto e vendo que ao longo dos cómics seguen asegurando que é un reporteiro so  unha vez se lle veu facendo un reportaxe. Foi en Tintín en el país de los soviets, onde se vía no medio de un monte de papeis. Pero para o parecido físico inspirouse en seu irmán Paul, que cando lle recordaban o éxito cambio radicalmente de peiteado. Hergé non o deixou escapar e dado que seu irmán era militar creo ao Coronel Sponz, o vilán de El caso Tornasol. Para outros personaxes os modelos foron moi dispares. Os “detectives” Dupond e Dupont (Hernández e Fernández), vese o reflexo dos paseos dos xemelgos Alexis e Lèon, pai e tío de Hergé respectivamente. O profesor Tornasol é a viva imaxe do profesor de física Auguste Piccard. Co capitán Haddock parece que foi unha anécdota coa súa primeira muller, Germaine. Nunha cea describió o haddock (bacallau) como “un pobre peixe inglés.” En efecto, Haddock é un pobre capitán mercante alcohólico con tendencia a un amplo léxico de palabras malsoantes ou que polo menos o parecen.

  Jumeaux                 221Auguste-Color300px

      Foto 1. Alexis e Léon paseando.                                                              Foto 2.  Auguste Piccard (1884-1962)

De todas estas formas cabe destacar que grazas ó seu código ético o levan a descubrir situacións ilegais. Así descobre e fai fronte a trata de escravismo moderno en Stock de coque, a cargamentos de opio  en El cangrejo de las pinzas de oro ou da trata de diamantes en Tintin en el Congo. Incluso de atreve a enfrontarse con Al Capone o único personaxe real que aparece nas aventuras.

Con todo isto as primeiras aventuras son  segundo Hergé os seus “pecados de xuventude.” No periódico católico traballaba ás ordes do padre Norbert Wallez. Un cristiá con tendencias dereitistas e admirador de Mussolini. Posuía unha foto do ditador firmada por el mesmo da cal se sentía moi orgulloso. O suplemento infantil foi a plataforma de lanzamento pero ao mesmo tempo tivo que participar das ideas do periódico, sobre todo nas dúas aventuras.

A primeira delas, Tintín en el país de los soviets, foi un panfleto en forma de cómic. Anticomunista por suposto, en liña coa política belga ademais de europea con respecto a URSS tras 1917. A única fonte utilizada foi un pequeno libro, Así es Moscú. Nueve años en el país de los Soviéts de Joseph Douillet.. Incluso parece unha prolongación deste libro. Tintín, cun aspecto infantil, “debía informar de que o realmente ocorría.” O que ocorría segundo o cómic e que se encontra con nenos famélicos, manipulación electoral a base de pistolas, occidentais enganados ante o paseo das autoridades bolcheviques polas fábricas. Moscova pola súa parte era representada coma un lamazal en contraposición coas metrópoles occidentais.

tintinsovietszn0          soviets2

En Tintín en el Congo escrito no 1931 segue a liña polo Wallez. Comezaban os tristes anos 30. O Congo era territorio belga en África. Era dende 1908, xa que pertenceu en exclusiva ao monarca Leopoldo trala Conferencia de Berlín (1885) caracterizado por un goberno despótico, unha finca privada onde descansar. Debíase facer, pois, unha exaltación do colonialismo europeo para revitalizo e revitalizar con isto a zona congolesa. Non se pode realizar se un boa dose de darwinismo social aderezado con racismo onde as teorías de Darwin se consideraban para a especie humana. Eran as razas catalogadas e polo tanto xerarquizadas. Víase a uns negriños inxenuos sempre dependentes do europeo raiando un estilo paternalista. Hergé aseguraba que era a realidade que se palpaba no ambiente cuns tópicos de África con animais exóticos, verdes prados, sociedades secretas. Estas últimas eran os inimigos dos brancos e polo tanto da civilización. Hai que contar cos misioneiros, salvadores de Tintín. Pártese da base de que un periódico católico dirixido por un padre non ía facer outra cousa senón que alimentar a publicidade a favor da Igrexa. Tamén a relixión ía moi unida ao país. Percíbese no aire do cómic de que Estado precisa de Tintín para reportar novas mais Tintín precisa dos misioneiros para sobrevivir.  Ponse pois a Igrexa por encima do país. Un último aceno era a falta por parte do reporteiro de escrúpulos en pos de matar animais. Vese como se carga á manada de antílopes por non darse de conta de que xa matara un deste animais e como fai explotar un rinoceronte con dinamita**.

congoTintin-in-the-Congo

Cambios entre a edición en branco e negro e a cor.          Así é como caza Tintín ó rinoceronte.

Avanzando no tempo encontrámonos cunha ruptura na forma de concibir a historia de Tintín. Había un trasfondo político, paisaxes máis exactas, e unha trama máis compacta e  En 1934 coñece a un estudante de Belas Artes en Bruxelas, un chinés de nome Tchang Tchong-Jen. Deriva da intención de Hergé de mandar a Tintín a Shangai e así evitar os prexuízos occidentais e máis para documentarse mellor. Chang decidiu colaborar pero non quixo aparecer como coautor. El, máis a documentación, foron quen de abrirlle os ollos a Hergé sobre a cultura e filosofía oriental, a historia China pero o máis impactante foi a visión do imperialismo xaponés. O exemplo mostrase na pasividade europea contra os problemas orientais e se había intres sempre se vía dende a óptica de Xapón. Así pois vese o “incidente Munkden” que levou a Xapón a invadir Manchuria en setembro do 1931, ou na oposición a este réxime en ideogramas chinos postos en algunhas partes do cómic. Con Tchang tamén se influíu na conciencia do arte chino de dar vida a partir das liñas. Isto xunto co seu talento levou a desenvolve a liña clara, un trazo da súa obra. Esta amizade, sobre todo intelectual viuse reflectido nos cómics. En El loto azul Tintín salva a un mozo de nome Chang e en Tintín en el Tíbet, vai na procura deste desaparecido amigo, nunha oda á amizade. Esta última é un momento de crise persoal e que anunciaba o reencontro, en 1981, que tiveron ambos amigos.

Tchang_1                                      Herge-Chang-hug

Foto do primeiro encontro con Tchang en 1934. O segundo encontro, máis emotivo, Georges Remi xa acusaba a enfermidade alá polo 1981. Entre eles xurdiu unha amizade intelectual.

tintn-y-el-loto-azul-patricia-m-delgado-herencia-26-638

Móstrase tras o incidente Munkden como se fai correr o bulo para que Xapón ocupe China de forma “legal.” Isto mesmo provocou a reacción de Xapón ante o cómic. Vese na Sociedades de Nacións a xente submisa e aceptando o discurso.

Durante a década dos 40 vemos como cambia a concepción das aventuras tintinescas e se poñen as bases do que será este fenómeno nos 50. Todo se ve influído pola II Guerra Mundial e a posguerra. En maio de 1940 o nazismo ocupa Bélxica. Cerrado o periódico católico onde traballaba, recalou en Le Soir, principal periódico francófono de Bélxica e órgano de publicidade dos nazis na zona. Tintín pasaba a ser colaboracionista ata outubro de 1944. As razóns poden vir dadas da fulminante derrota francesa e Inglaterra illada. Debeu crer en parte a vitoria alemá, sobre todo a raíz da ofensiva desta en 1941 contra a URSS. Compre dicir que se distanciou do seu amigo fascista León Degrelle, do cal rexeitou unirse ao periódico do partido rexista. Recordemos, non obstante, que era un conservador católico, anticomunista que como a maioría das clases medias europeas preferían a  inxustiza antes que o desorde.

lot-223914

Portada do suplemento de Le Soir, Le Soir Jeunesse do 17 de outubro de 1940. Hergé regresaba á Bélxica ocupada dende Francia que tamén caíra en xuño e se dividía entre a zona ocupada e o réxime pro-nazi de Vichy.

Na nova faceta de Tintín obsérvase unha literatura de evasión. Hai un abandono do realismo documental cunha escasa referencia á actualidade***. Aparecen novos personaxes como Haddock ou Tornasol. A partir de agora serán aventuras colectivas onde Milú irá perdendo protagonismo. Os temas abordados serán máis ou menos fantásticos ou de cuestións persoais. De aí que deixara inacabada Tintín en el país del oro negro con contido sensible para a época.  Aínda así tamén sufriu a censura da súa anterior obra por parte alemá. Prohibiron La isla Negra por ambientarse nas Illas Británicas e Tintín en América so polo nome do título; América. En contraposición El cetro de Ottokar, de condena antifascista, non o tocaron. Non debían de ser moi seguidores de Tintín.

Con todo Hergé estivo atarefado. En 1942 comeza o que será a forma que coñecemos do cómic. A cor e en 62 páxinas a petición do editor Casterman. En 1946 Raymond Leblanc heroe de guerra e empresario conséguelle un “certificado de boa conduta” que o exoneraba de toda culpa colaboracionista.  Con Leblanc foi director artístico do semanario Tintín

Rematados estes conflitos entramos de cheo na Guerra Fría que dividirá ao mundo en dous bloques; EEUU e a URSS amén de territorios onde por a súa bandeira ideolóxica. Hergé non fará oídos xordos. Tanto nas peripecias lunares como en El asunto Tornasol confrontará esta situación nas viñetas. EEUU está recoñecida como Sildavia, xa visitada en El cetro de Ottokar namentres a Unión Soviética se queda coa escura e sinistra Borduria. Un ambiente de terror e desconfianza que levou por exemplo a Sildavia, perdón EEUU na época de McCarthy a xa famosa caza de bruxas. Había espías rusos por todas partes incluso nos cereais. De aí que a opinión pública na zona Oeste levara a pensar que o conflito, polo seu carácter militarista e agresivo o causante era a URSS. Hergé seguía dita liña mais como veremos sen quitarlle a responsabilidade a unha potencia cada vez menos democrática

Comecemos pola última. Borduria non se descobre ata o rapto do profesor Tornasol trala invención deste dunha máquina destrutiva. Ata entón so se viu, intuíase máis ben, mediante a espionaxe en como por exemplo o roubo dos planos do foguete  que iría á Lúa. Hergé presenta un estado autocrático en mans do mariscal Plekszy-Gladz, con certas similitudes con Stalin. Inclusive o palacio onde reside encóntrase nunha praza coma de Praza Roxa. Aparece unha especie de culto á personalidade do mariscal ou mesmo a ZEP a policía política que controla a poboación na que se somerxen confidentes e empregados. Esta policía será exportada a réximes suramericanos de San Theodoros en Tintín y los pícaros, como facían ambas potencias na realidade.

Captura-de-pantalla-2013-12-24-a-las-09.53.31

Bandeiras de Sildavia e Borduria. Aínda que pode interpretarse desta maneira, a sociedade e a orografía parecen unha amalgama de países pertencentes á zona dos Balcáns.

Falemos da Sildavia protectora dunha democracia dexenerada. Hai que dicir que na súa primeira visita Tintín desbarata un golpe de estado con Borduria na sombra. Mais non eran os EEUU nin a URSS senón Polonia e a Alemaña nazi nos preliminares da 2ª Guerra Mundial. Foi, como o mesmo Hergé dicía, “unha Anschulss abortada.” Mesmo o xeneral invasor Musstler é o nome resultante da fusión entre Mussolini e Hilter. Na segunda visita de carreira espacial vese un cambio. Pasado o tempo vese unha evolución. Deixa ser o modelo democrático e írase achegando cara o seu inimigo, Borduria. Declara que os proxectos atómicos non serán para fins bélicos  mais demostran unha tendencia ao militarismo. Tamén posúen a súa particular axencia, a ZEPO. Como exemplo está El asunto Tornasol,  no cal Tintín evita que esa arma ultrasónica caira en mans das dúas potencias.

Por outro lado parece evidente a posición  de Hergé contra a carreira armamentística.  Nos dous cómics sobre a Lúa (sobre todo o primeiro).  É ante todo unha utopía científica onde a enerxía atómica aparece reivindicada, sen usos bélicos. So sería para o progreso.Tamén cabe destacar a exactitude dos cómics. O foguete de proba de Tornasol, o X-FLR6, presenta unha forma igual ao V-2 alemán da época da guerra, da ingravidez na cabina  ou do mesmo foguete tras unha maqueta. De moito lle serviu o libro de La Astronáutica de A. Annanof e incluso o consultou persoalmente. Con isto conseguiu adiantarse á Historia. Adiantouse á URSS que o 4 de outubro de 1957 lanzaron o primeiro Sputnik e máis aínda a misión Apolo XI estadounidense, que o 21 de xullo de 1969 se pousou sobre a Lúa. Con todo Tintín nunca deixou a marca de ningunha bandeira no satélite. En cambio na realidade a Lúa perténcelle aos Estados Unidos.

Cada vez a súa produción ía a menos por mor de estar suxeito a varias crises persoais. Cada vez que isto ocorría escapaba para Suíza para estar só. Así para aliviar carga de traballo funda os Studios, xusto para os cómics da Lúa. Pero comezaba unha nova etapa. Por fin coa súa segunda muller, Fanny puido facer os viaxes que antes realizara na súa mente con Tintín. Primeiro viaxes curtos coma a Sicilia, Roma ou Florencia. Despois viaxes máis longos coma Estados Unidos ou Asia. Isto significou pasar menos tempo nos estudio e menos ritmo de produción cando era o momento do boom de Tintíns. Como contrapunto estaba máis feliz e cómodo nesta faceta viaxeira. Hai que ter en conta que sobre a finais dos 70 estaba case consumido pola enfermidade. De feito, en 1983, morreu tras unha enfermidade relacionada coa leucemia. Así se pode observar o aspecto negativo que tiña no seu encontro co seu amigo e contemporáneo Tchang (1981). Nestes momentos precisaba de transfusións de sangue. Cada vez de máis, só podendo traballar con enerxía nos primeiros días tralas ditas transfusións .E aquí me paro, para que non vos aburrades ao ler tamaño testamento, cousa que non pasaría co inacabado Tintín y el arte – alfa.

Couverture_tintin_grande

Portada do periódico francés Libération trala morte de Georges Remi. A escena é collida de Tintín en el Tíbet.

*Pasou en 1920 dende os Scouts de Bélxica (sen afiliación) aos boy scouts da escola de St. Boniface (no distrito de Ixelles de Bruxelas). Formaban parte da Federación de Scouts Belgas Católicos. Foi na revista de Le Boy Scout onde utilizou o pseudónimo de Hergé e onde creou ó personaxe de Totor, un precusor de Tintín.

**Para estes dous primeiros cómics foi tal a difusión que se conmemorou a súa volta das aventuras. Cun adolescente e un fox terrier a xente recibiu ó personaxe de carne e óso entre vítores na estación de Gare du Nord.

***As publicacións neste sentido foron: El cangrejo de las pinzas de oro (1940), La estrella misteriosa (1941), El secreto del Unicornio (1942), El tesoro de Rackham el Rojo (1943), Las siete bolas de cristal (1943), El templo del Sol (1946).

BIBLIOGRAFÍA:

CASTILLO, Fernando, Tintín-Hergé. Una vida del siglo XX, Fórcola Ediciones, Madrid, 2011.

FARR, Michael, Las aventuras de Hergé. Creador de Tintín, Zendrera Zariquiey S.A., Barcelona, 2009.

FARR, Michael, Tintín, el sueño y la realidad. Zendrera Zariquiey S.A., Barcelona, 2002