Paseando por Springfield (I)

Hola! Son Javier Domínguez. Quizais me recorden por artigos como As Cruzadas (II): O Islam ou Silencio se censura. Aquí nos preguntamos; que é The Simpson? Pode que esta pregunta no vola fagades cando estades afundidos no sofá, en calquera cadeira de bar, ou en casa allea vendo irreverente serie. Crecemos con eles (xunto con Pokemón, Son Goku, Digimon, Gatocan, Shin Chan…) e nos rimos moito con eles, por iso merecen un mención especial. Aínda así, parece os springfieldianos/as perderon parte da súa esencia. Como? Pois entendo, que dexeneraron nuns gags que fan graza dentro dun capítulo, pero non o capítulo en sí, o capitulo na súa totalidade.


SimpsonsCouch1

Os Simpson é un fenómeno, sobre todo, social  e económico. Social porque todos sabemos algunha que outra frase, quen non se pasa de fan e che solta medio capítulo do tirón.  Económico, pois porque ala polos 90 a cadea xeralista Fox para darse a coñecer entre os mozos, onde cada capítulo fose unha minicomedia chea de matices. A concepción de “debuxo animado” serve moito mellor para parodiar e pasar a censura que unha serie con protagonistas de carne e oso. Ao fin e ó cabo, quen desconfía duns “inocentes” debuxos. Pensarán que non teñen nada de controvertido. Tamén o custo dos traballadores inflúe á baixa xa que non se recorren a estrelas do celuloide (unicamente á súa voz) co custo que iso traería consigo. Seguimos, coa velocidade propia da serie, onde xunto cos debuxos aseguran esa versatilidade dos múltiples decorados dixitais. Existe tamén unha condensación de interpretacións, de diálogos, de accións, nos seus 20/22 minutos por capítulo. Pola contra está o colosal traballo de todos os traballadores para ensamblar un só capítulo, que irá sobre os seis meses.

Hai varias maneiras de atender  e entender os Simpson. A principal baséase na bagaxe cultural de cada un. Cantos máis libros leas, cantos máis museos visites, música escoites e películas vexas máis e mellor se entendera a serie. Os capítulos son garantes dunhas risas que alcanzan tódalas direccións e niveis da sociedade. Se a miramos con seriedade e dende unha xustiza social quizais non posúamos a suficiente empatía debido a que nos rimos de graves cuestións económicas, políticas e sociais. Máis con isto se nos poñemos a analizar este humor pois xa non ten graza, ademais de que son debuxos animados que producen unha certa despersonalización deses problemas. Moito deste humor baséase na incongruencia e no contrasentido, nunha parodia das relacións sociais mais ó mesmo tempo é unha posible advertencia ante a tendencia de actuar de xeito estereotipado, buscando culpables.

Springfield non se sabe moi ben onde queda. É un lugar indeciso no mapa pero vese que nos enfrontamos a un pobo de provincias. Isto provoca que as institucións (colexio, policía, política, concello)non se encontren tan afastados do cidadán. Incluso van á misa aínda que non sexan excesivamente relixiosos. Pero está claro, que é un pobo de maioría masculina onde as andainas son de un 4 a 1 a favor dos personaxes masculinos. As mulleres representan un clásico prototipo. As mulleres novas, boas e dóciles contrapóñense coas mulleres de mala baba que traballan fora da casa entrando en vicios como fumar, beber, por unha vida de sufrimento. Aínda con todo, son entrañables en temas como a burla a concepción da relixiosidade posmoderna en Lovejoy, no  dogmático Flanders que pide consello ata por case ir ó baño, o inútil xefe de policía (en xeral o corpo enteiro), no capitalismo salvaxe personificado no decrépito Sr. Burns etc.

simpsons_personajesNon minto. E se pensades que sí, botádelle un ollo.

Os Simpsons é esa familia que Homer di que representa “la alta clase media baja.” É unha familia nuclear da clase media estadounidense. Un prototipo de familia con pai, nai e unha media de dous a tres fillos. Ódese ver como á vez que se burlan de este tipo de familia e dos seus valores acaba tamén na nosa retina perdura esa imaxe tradicional de familia. Vexamos como poden ser. Comecemos polos familiares que non están afectados polo xene Simpson

Maggie é a representación do silencio como bebé que é, e polo tanto, non articula palabra. Isto non significa que non pense, e aínda que sexan palabras sinxelas reprodúceas na súa cabeza e como consecuencia fala como nos pensamos que vamos  a cear ou canto vamos a gastar. O silencio é moi venerado nos distintos filósofos e relixións orientais, onde un exceso de pensamento e da palabra (sobre todo da mala palabra) leva á destrución da paz interior. A súa iluminación e vínculo co estado natural non se verá reflectido coa palabra. Con todo isto precisamos da palabra para relacionarnos é aquí e onde xorde o problema a Maggie. A súa zona de actuación é a familia onde calquera proxecto dun neno debe ser atendido, por mor da autoestima. A consecuencia desta falta de atención pode ser a que se converta nunha Gustave Flaubert que segundo Sartre en “El idiota de la familia” acabou por enrocarse en sí mesmo. A causa foi esa falta de atención, non tanto material senón espiritual, de aí que Maggie se encontre tan cómoda entre os Flanders cando estes posúen a custodia dos nenos.

Lisa. Que dicir de Lisa! A nena intelixente, racionalista que recibe bullying no colexio, intelectual, que non experta. Pero tamén hai sátira e de que maneira. Unha sátira a concepción intelectual e experta pero tamén a nosa consideración para con eles. En principio se tende a respectar estas figuras pero por outro considérase como unha opinión máis, que vale tanto como o que se pasa todo o día vendo Sálvame. É unha relación de amor – odio a causa da envexa que consigo leva o saber, o experto ou intelectual, que se podería cambiar se puxeramos un libro nas mans de cando en cando. Tamén está a parodia do intelectual, co precepto de non ser mellor cos demais de aí que poñan a Lisa como idólatra dunha boneca ou que se “rebaixe” a ver Rasca e Pica como os demais. O cume e disparate á vez encóntrase na MENSA, un consello de sabios que intentan establecer unha utopía racionalista. O capítulo satiriza tanto ao cidadán medio (idiota) como ós intelectuais con propostas inverosímiles. Só hai que dicir que acaban rivalizando entre eles por haber quen o ten máis grande…o Coeficiente Intelectual.

lisa-la-mas-inteligente

Para describir a Marge pódese facer dende posicións contrapostas. Unha delas é a perspectiva sexista, onde a muller non supera o ámbito doméstico, o seu radio de acción limítase  as tarefas do fogar non saíndo, en xeral senón e para ir co seu marido. É a representación dese traballo inadvertido, sufrido e non tomado en consideración amén da representación das mulleres televisivas dos anos 50 e 60. Esta retrospectiva faise de forma “divertida” quedando Marge como unha pesada no tema de seguir uns tradicionais estándares  morais e ética baseados na concepción da “muller na casa,” ou do “Anxo do Fogar “ de Virginia Woolf.

A outra perspectiva en Marge é a moral, unha moral de tinxes aristotélicos. Non é o seu modelo pero si se pode leva á práctica a súa forma, a súa receita. Consiste, en resumo no cultivo das virtudes, as cales non se producen en nós mais polo costume, practicando as chegamos a asumir. En Marge obsérvase que é valente, moderada, honrada, é dicir, con esas virtudes aplicadas á vida alcanza a felicidade, a eudaimonia. Prodúcese esta felicidade porque nela as virtudes fan levar polo bo camiño á familia. É feliz porque tamén axuda así a crear un vínculo familiar estreito.

Todo o que dixemos agora de ser virtuoso segundo Aristóteles habería entón que negarllo a Homer? Pero, que é un Homer? Se nos vamos aos distintos carácteres aristotélicos de virtuoso, moderado, intemperante e vicioso (o sobrehumano e o de besta sería pasarnos un pouco), pode que sexa o último. Pero non, non. Homer é, ante todo, un paradoxo. Un constructo onde é un mal marido e peor pai pero o seu posto de traballo esta recuberto polas fotos de Maggie para saber o por que de estar nese traballo. Onde o toman por un simplón, bufón e borracho gordo pero as veces destila intelixencia, caso do capítulo do Barón da Birra, ou valentía, caso do combate con G. Bush. Xa sabemos cales son as súas perdicións. Así que Homer pode ser o queirades; simple, de forte apetito,  borracho, comunista pero nunca será unha mala persoa, un comunista ou actor porno. E iso que o ambiente non o axudou a causa dunha gris e inútil educación crecendo probablemente con soños pero non con metas. O que nel se ve é un amor pola vida, pero non racional. Aínda así é, para el e nese ambiente unha vida ben vivida sen ser tan politicamente correcto, expresión patética pero moi recorrente.

homer-simpson-sleeping-images

E nos queda Bart, ou o Barto. Vámolo levar dende o seu cliché de “bad boy” do pobo cara un patente nihilismo da man de Nietzsche. O ideal deste filósofo tan malinterpretado é o do espírito libre, o do ser que rexeita a moral e virtudes tradicionais. Gústalle e goza do caos onde poderá formar o seu propio carácter.  Ata aquí parece Bart é dicir, que se pode extrapolar a rebeldía de Bart para que cadre con estes conceptos. O que nunca será Bart é un Übermensch ou Superhome, na cal a vida debe ser unha obra de arte, un ser que se acaba creando a sí mesmo. Para superarse hai que ir máis alá do ben e do mal. Debemos quitarnos a lousa da moral do escravo, dos malos, xa que xorde do resentimento. Estes “malos” crean unha orde ficticia noutro mundo negando o de aquí, o presente, obrigando a todos a crer nela. Isto non implica que haxa que predicar  a moral dos supostos “bos,” dos señores nobres, unha moral de bestas e insensatos. Que se intenta demostrar? Pois que Bart é case un nihilista. Non toma nada en serio, non intenta forxar valores novos. Acepta o caos no que vive. Un lugar que non respecta, pero non intenta acabar coa moral xa que a súa identidade se esvaece ao non existir nin ningún significado verdadeiro nin ningún valor absoluto.

ley-d-hont

Exemplo calquera do Sistema D´Hont: Na parte horizontal os partidos. Na parte vertical o número de personaxes que se elixen. A asignación está representado na cor negra. Fonte da imaxe: http://www.periodistillas.com/2011/11/el-sistema-dhont-y-adonde-va-tu-voto.html

Tratado este tema  metemos en conc epcións latentes da nosa sociedade e que se reflicten claramente na serie. Primeiro como bos cidadáns metémonos no fondo pozo negro da política. Todo o que nos representa e quen nos representa publicamente tradúcese na frase de Homer de; “No me mires nena, yo voté a Kodos” mentres constrúen un raio láser a base dun bo ritmo de lategazos. Podemos por unha serie de adxectivos como indiferenza, o famoso “e ti máis,” preocuparse por votar e xa está, pero a frase fala por si soa.  Outra frase, no mesmo capítulo candos os extraterrestres se relevan como os candidatos de ambos partidos  e aquela de; “venga adelante, tiren su voto a la basura.”  Esta é unha referencia ó esquecido terceiro partido dos EEUU. Por que? Porque a elección neste país e mediante elección indirecta onde o cidadán vota a un compromisario que a súa vez votará o candidato do partido en cuestión. No lugar do compromisario, a circunscrición, dáse a solución de que o gañador apanda con todo aínda que posúa o  51%, 52%… dos votos. Como destaca Galán Torres en países como España, Francia, Austria etc aplícase o Sistema d`Hondt.* En resumo,  é un sistema que grava os votos  e premia as listas máis votadas mediante un sistema de asignación proporcional de escanos. Segundo sexan os deputados elixidos por demarcación e os votos obtidos por partidos vanse dividindo estes votos polo ese número total de asignados, para que cadren co número de deputados a elixir. É un sistema que busca unha certa estabilidade. Así que cando observedes nas próximas eleccións as variacións de tanto por cento entre os votos e os escanos xa sabedes por que é.

captura-de-pantalla-2013-01-29-a-las-10-57-13

Pasemos de algo instaurado a outro que non é legal nin ético pero aí está porque vive, respira e se reproduce connosco. Falo da corrupción. Dende que aquí non vamos dar nomes, son máis que coñecidos pero so vamos a dar un dato. Salvando as comparacións entre España e os EEUU cabe salientar que se existe algunha dúbida sobre un cargo público é sometido a impeachment. É unha especie de humillación no Congreso cando este considera que o cargo en cuestión o fixo de forma indebida. Se é culpable co voto dos 2/3 destitúese do cargo á marxe da consideracións penais. Pero non nos deixemos levar, en EEUU a corrupción é igual de importante. Isto por suposto reflíctese nos Simpson.  Por poñer algúns exemplos casos como a Fat Tony (Toni el Gordo) subornando ó alcalde Quimby (Homer, el guardaespaldas) e este dicindo ante as cámaras “que es la última vez”. Por suposto o periodistas escachan á risa. Outro é cando familia cando vai a Washington a causa da redacción patriótica de Lisa vese como compran ao senador para talar ó bosque de Springfield. Ambos “negociantes” cerran o trato mailo maletín coa frase “¡Árbol vaaa!”. Podíase facer un paralelismo para España é dicir entre peche de maletíns algo así como “¡Estado de bienestar vaaaa!”

Enlazando co periodismo hai un episodio significativo con respecto a este tema. É; Homer, hombre malo (por favor, volvédeo a ver). Redúcese a prensa, de todo tipo, ó amarillismo, a prensa rosa, a redución ó morbo e contraposición da verdade informativa e a imparcialidade.  Hai un momento que o resumo todo; unha muller na televisión declara: “No conozco a Homer Simpson nunca he tenido contacto con él pero…pero…lo siento, no puedo continuar” ao que a presentadora responde que as súas lágrimas fan máis que calquera feito real.

Que se ve aquí ademais da deformación do periodismo? Pois a televisión. Unha televisión como forma de manipulación, de baleirar a mente dos espectadores, de control da sociedade, en xeral.Como se reflicte na serie? Claramente nos documentais que Troy McClure presenta, tan ben manipulados que pasan por ser verdade. Os proxectan dende a escola, como forma de pasar o tempo, ata en visitas a empresa. Pero vemo outros exemplos. A onde vai o exército de delfíns liderados por Snorkie? Efectivamente, a dous lugares; ó edificio onde se reúnen os veciños e a controlar o Canal 5 a base de sanguentos pelotazos. Ademais, que fai Kent Brockman cando conecta coa nave espacial onde vai Homer e ve as formigas ceibas? Acertastes. Sucumbir ante o imperio das formigas como forma de submisión, de falta de ética, valores, de transparencia… que parece que lles atrae. Por último, para este apartado fáltanos Rasca e Pica, unha serie dentro dunha serie. Vemos como inflúe nos pequenos a violencia, sobre todo en Maggie que chega atacar a Homer. Incluso chega a paralizar tódolos  nenos no momento da súa emisión. Non será pois, unha crítica a esa violencia permisiva que inflúe a cativos e incluso a sociedade belicista americana?

Tranquilos aínda quedan temas controvertidos. Un deles é a deformación e terxiversación histórica que se ve na figura do pirata Hans Sprungfeld como fundador da cidade. Creo que vos situades no capítulo onde Lisa descubre a verdade pero non a conta ao xentío. Podemos poñer exemplos suficientes como para facer outro artigo pero quedarémonos con algúns e moi resumidos. Temos unha batalla e un documento, para que vexades o afán pola manipulación.

Iconoclast

Primeiro o documento, ou mellor, a Doazón de Constantino que saíu de debaixo das sotanas de Roma no século VIII. Viña a dicir que Constantino cando se trasladou a ex -nova Constantinopla deixou na man do Papa Silvestre I o coidado de Roma así como de soberano así de todo o Imperio Romano de Occidente. Estes personaxes viviron no século IV. Logo que significaba esta invención a finais do VIII? Pois que a Roma papal tiña a capacidade de restaurar o Imperio e oh! Vaia! Por alí andaba un tal Carlomagno que no 25 de decembro do ano 800 o Papa León X ó corou emperador. No 1440 o humanista Lorenzo Valla descubriu oficialmente que este documento era falso  pero ninguén ía discutir tras 600 anos, o que con el conseguiron.

Polo bando da batalla esta Calatañazor, onde se dicía que Almanzor perdera a vida e o tambor. Un pouco exaxerado. Esta presunta batalla polas inmediacións de Soria a finais do X significaría o final deste personaxe  coñecido polo Victorioso a causa das múltiples aceifas contra os reinos cristiáns. A batalla en sí xera problemas. O primeiro que Almanzor morreu tres anos máis tarde no 1002 tras enfermidade en Medinaceli. O segundo, as fontes musulmáns “”obvian” tal batalla pero incluso as fontes cristiáns ata o XIII non a mencionan como é ocaso da Crónica de Lucas de Tuy. Nese momento do XIII é a fase de unidade temporal dos reinos cristiáns para loitar cos almohades nas Navas de Tolosa (1212). Parece que o cronista buscaba tal alianza no século X mais non existía. Incluso o rei que tivera a honra de convocar o exército para a batalla xa levaba algúns anos mortos.

hqdefault

É aquí paramos porque como di Homer sobre o exceso de información: Cómo va a hacer la educación sentirnos mejor? Cada vez que aprendo algo nuevo, empuja a algo que ya había aprendido. Recuerda cuando hice aquel curso de catador de vinos, que se me olvidó cómo conducir. E este non era o meu propósito. Iso sí, deixo a fiestra aberta para que outros compañeiros sigan por este camiño. Será por temas dentro  da serie; as sectas, os organización segredas, o cine, a música, o arte, a simboloxía etc  dentro dos Simpson. Aquí tan so me quedo cunha frase do escuadrón El Pez Volador cando están a expoliar as obras de arte: Seremos ricos, ricos comos nazis, mais sempre hai que rematar co xa famoso: “Alcohol, causa y a la vez solución de todos nuestros problemas.”

*Víctor D´Hont (1841 – 1901): xurista belga e profesor de dereito civil e fiscal

BIBLIOGRAFIA

ÁLVAREZ BERCIANO, Rosa, La comedia. De Lucille Ball a los Simpson, Gedisa, Barcelona, 1999, pp. 9-22 e 149-152.

ECHEVARRÍA ARSUAGA, Ana, Almanzor. Un califa en la sombra, Sílex, Madrid, 2011, pp. 223-240.

GALÁN TORRES, Rubén, Los Simpson y la historia, Círculo Rojo, El Ejido, Almería, 2014.

IRVIN, William, CONARD, Mark T., SKOBLE, Aeon J., (eds.), Los Simpson y la filosofía, Blackie Books, D.L., Barcelona, 2009.