O CLUB DOS 27

 

Mortos, mortos en habitacións, lavabos, festas, accidentes… Así quedan e se encontran os corpos de aqueles músicos que se atreveron a probar demasiado. Estrelas de rock, blues-man, músicos de jazz, country, rapeiros… Brancos, negros e mestizos. Homes e mulleres. Ninguén se salva cando se pasa dunha raia a outra dunha botella a outra ou dunha pastilla a outra.

Pero isto é un tema moi complexo. Non é tan simple como para pensar que están, proscritos ou posuídos coas as súas almas condenadas e que por iso toman drogas, tanto legais como ilegais. É unha mestura de varias frontes, aínda que prima a visión do músico, do rockeiro.

Unha delas á visión do público, que ansia vivir a través das excentricidades dos seus lunáticos e predilectos rockeiros (neste tempo xa caducos) sen ter en conta o seu estado ánimo porque xa que pagan unha entrada queren ver o estado máis salvaxe que por eles mesmo, acatados por normas non son capaces de vivilo. Queren o seu momento de desenfreo controlado. Outras das visións é o da incansable e voraz industria da música, que ou ben te enxalza ou te disolve, segundo os beneficios que lles esteas a dar.

A outra visión é a que queda entremedias, a visión do músico que se debate entre as súas inseguridades e os negocios da industria musical. Teñen un acceso ilimitado as mellores drogas da man dos roadies ou recadeiros, managers, amigos. É unha imaxe de trofeo dun rebelde con diñeiro  que fai o que lle apetece cando e como quere converténdose nun boneco roto da industria. O que os leva ás drogas e un sen fin de motivos. Unha motivación práctica, simbólica ou emocional como un desprezo cara si mesmo. Incluso se metían nas drogas antes de ser famoso coma o caso de Steve Tyler (Aerosmith) que recorría as rúas de Nova York  en busca do “ouro.” Tamén pola estimable espera entre bambolinas, aeroportos ou habitacións de hotel nas que os The Who deixaron o seu toque persoal e tamén por aburrimento coma no caso de Keith Richards, que combatía o sedentarismo co consumo de heroína (ninguén se explica como segue vivo ao igual que os Red Hot Chili Peppers que sobreviviron a década dos 80).

Tranquilos non vamos a falar de todos eles. Precisábase dun introdución medianamente coherente para enlazar co título que tan so ao lelo xa vos veñen varios nomes á cabeza. Un servidor tivo coñecemento deste distinguido e exclusivo club alá polo 2011 coa morte, ata o momento, da última integrante  como foi Amy Winehouse. Este club de poetas mortos con 27 anos débense estudar por separado e non vamos a describilos a todos eles. O motivo é que ao club pertencen máis de 40 artistas dos distintos xéneros musicais. Centrarémonos nos máis famosos para ver os últimos días ou coñecer a personalidade que os levou á morte.

“The scream of the ambulance is sounding in my ears
Tell me, Sister Morphine, how long have I been lying here?
What am I doing in this place?
Why does the doctor have no face?” 

Rolling Stone; Sister Morphine (Extracto)

BRIAN JONES (28 de febreiro de 1942 – 3 de xullo de 1969)

brianjones-e1425113543743

Falar deste home e falar dos inicios dos Rolling Stone no afastado 17 de maio de 1962. Unha formación case espontánea a causa dunha actuación no Club Marquee. Mick Jagger, Keith Richards, Ian Stewart, Dick Taylor, Mick Avory (enseguida reemprazado por Charlie Watts) foi a formación de saída pero con Brian Jones de xefe da banda. El puxera en contacto o que hoxe e a voz e a guitarra deste grupo, aínda que se coñecían de cativos e tiveran un encontraron nunha estación de tren. Ademais Brian Jones doulle o nome ao grupo sacado dunha canción de Muddy Watters (Rolling Stone de 1948). Víase polo tanto unha influencia tanto do rock and roll de Chuck Berry como dos blues de Watter, Robert Johnson (outra lenda que morreu aos 27 anos)

A década dos 60 foi de tolería e crecemento para o grupo. Para Brian Jones foi unha perda progresiva de poder dentro do grupo, celoso  do protagonismo que Mick Jagger suscitaba como cantante e da conexión deste con Keith Richards á hora de escribir cancións. Foise distanciando do grupo, tamén pola súa personalidade complexa, moi destrutiva e autoritaria. Aínda así foi que introduciu no grupo novos instrumentos caso do sitar (influencia de Georges Harrison),  da marimba ou da mandolina, sempre co afán de descubrir novos ritmos de etnias diferentes provocando ese distanciamento, tamén musical. Para isto creo que é mellor unha definición que del dou Keith Richards (1): Brian non era un compositor nato. A súa mente sempre estaba confusa. Podía falar coa súa cabeza pero non escribía ben. El tiña talento para a música pero non para as letras.

Esa personalidade encontrou en Anita Pallenberg un putching – ball público que ela soportaba sen oposición (tampouco quería) incluso nunha ocasión  saíron unhas fotos deste músico vestido de oficial nazi e Anita axeonllada ante el. En 1967 o vello Richards rouboulle a moza pero a cambio Brian deixoulle un regalo en forma de introdución ó LSD. O que si é seguro e que as drogas tampouco lle axudaron. Tampouco a policía, que seguía ferozmente ó grupo sendo para Brian se o capturaban a súa segunda condena.

A súa morte o 3 de xullo de 1969 está rodeada de misterio aínda que o qué sí é seguro é que apareceu flotando na piscina da súa casa de Sussex. Na finca vivía coa súa moza Anna Wholin, un albanel  e a moza deste ó que probablemente lle debese cartos. Neste momento xa o “invitaran” a saír o grupo e catro días despois entrou Mick Taylor.  Todo isto, personalidade, policía, aislamento e saída do grupo, debeu influír fortemente.

Para a morte hai teorías segundo o gusto de cada un. A oficial mantiña que se afogara tras unha tarde de bebercio, con outras persoas ao lle dar un ataque de asma. Unha segunda teoría, esta anónima, aseguraba que afogou de forma accidental mentres xogaba na piscina e que Frank Thorogood (o albanel) coaccionou, as persoas alí presentes para que non falasen. E queda a última, da man de Anna Wholin e 30 despois do acaecido.  O resumo que se pode facer basease nas débedas que Brian tiña con Thorogood. O músico trataba de reconciliarse nun ton burlón e bebendo o seu viño preferido; o Blue Nun. O albanel farto acabou por afogalo.

“Heroin, be the death of me
Heroin, it’s my wife and it’s my life
Because a mainline into my vein
 
Leads to a center in my head

And then I’m better off than dead”

  Velvet Undergorund; Heroin (Extracto)

JANIS JOPLIN (19 de xaneiro de 1943 – 4 de xullo de 1970)

janis_joplin

Natural de Porth Arthur (Texas), lugar típico da cultura das animadoras. Ela non encaixaba dentro deste cánones. Tamén era evidente e palpable o problema racial do que Joplin era consciente negándose a participar nas nigger knocking ou caza ó negro. Sí, era consciente pero tampouco quería ser de raza negra. Ela afirmaba que os brancos posuían unha vida emocional igual ás dos negros pero que a reprimían.

Encontrou o seu lugar en San Francisco dentro dunha comunidade beat, de actitude vital sombría e existencialista. Gustaban da poesía, do jazz e de debates intelectuais pola madrugada. Seguían un estilo intelectual dos hipsters negros. A cantante de Texas era demasiado cínica como para crer no optimismo (e escapismo) do mundo hippie. Para as drogas tamén seguía o consello beat e sobre todo centrábase en speed  de forma ocasional, alcohol sobre todo co seu inseparable Southerm Comfort e para os final rematar coa heroína.

Moveuse, entre 1966 e 1970 entre varias bandas, nunca satisfeita, pero sobre todo chegoulle a fama xunto con Jimi Hendrix e Ottis Redding no festival pop de Monterey (1967) e co seu segundo álbum Cheep Thrills con máis de un millón de copias vendidas e oito semanas no nº 1 das listas de EEUU (2)

As súas inseguridades conformaban a súa personalidade. Aterráballe a soidade, sentía desesperación cando sospeitaba que alguén se aproveitaba dela ademais de nunca estar satisfeita co que facía e sobre todo cos membros das bandas. Dependía moito das persoas, tanto para ben como para mal. Isto facíalle interpretar cancións de amor ou perda dunha maneira maxistral deixando a súa testemuña de dor e pracer na voz en forma de ouvido, queixa e murmurio.

Poida que o 4 de outubro de 1970 fuxise para sempre dos seus problemas nunha habitación do hotel West Hollywood entre unha dose letal de heroína mesturada con tequila e Valium. Pero o  curioso é que o realizou soa excedéndose na dose, xa que normalmente se drogaba en grupo. Esta soidade no trato coa dose e a súa volta ao consumo na mesma dose onde o deixara seguro que foron factores decisivos. Non tiña porque suicidarse, rematara un novo disco, Pearl (Perla, un sobrenome  polo cal a coñecían) que enseguida foi nº 1 trala súa morte, e parecía entusiasmada.

Trala súa morte foi aclamada como a primeira muller do mundo realmente liberada ou iso querían crer as súas fans nun mundo da música onde as mulleres polo xeral eran usadas como carnaza e entretementos.

If you want to hang out, you’ve gotta take her out, cocaine
If you want to get down, get down on the ground, cocaine
She don’t lie, she don’t lie, she don’t lie, 
Cocaine

  J.J Cale e versionada por Eric Clapton; Cocaine (Extracto)

JIMI HENDRIX (27 de novembro 1942 – 18 de setembro de 1970)

jimi-hendrix-stalker

Un dos poucos guitarristas que realmente sabe violar unha guitarra veu ao mundo un ghetto de Seattle, nunha zona de maioría branca. Un negro con raíces indias (cheroqui) non encaixaba moi ben. De carácter introvertido, a causa do férreo control do seu pai, nunca recibiu clases de guitarra, nin de poesía. Ía collendo o ritmo a base de funcións relixiosas ou discos coma os de B.B. King, Muddy Waters. Era o ritmo do blues.

Tras un breve paso polo exército (fracturouse un xeonllo) e etiquetado como inútil coñeceu un época de guitarrista freelance. EN 1965 montou un grupo a Jimi Hendrix and The Blue Flames que tocaban sobre todo no club  de Greenwich Village. Foi aquí onde Chas Chandler, antigo baixista de The Animals reconvertido en manager (comezaba) o captou para Londres.

Aquí, na cidade da néboa foi onde amasou o seu éxito, e en Europa por descontado. Era 1967, o momento da Jimi Hendrix Experience unido a adicción ao LSD (tamén ó alcohol).  Un LSD xeneralizado entre estudantes, artistas e músicos que neste ámbito levou ao rock psicodélico no verán do “Flower Power” e foi o momento da introdución masiva da súa música en EEUU no festival de Monterey.

 Hendrix tiña a sensación de estar cansado entre tantas queimas e roturas de guitarras. A súa percepción era a dun bufón nos seus shows e o frustraba que non o considerasen un músico como tal. Algunhas veces era necesidade xa que segundo el dicía; “…non me acordo de todo o que fago. A idea de tocar a guitarra cos dentes veume nunha cidade de Tennesse. Alí tes que tocar a guitarra cos dentes ou che pegan un tiro”

A isto sumouse o 1969 o seu annus horribilis. Abandónao o seu manager, é detido por tenencia ilícita de hachís e heroína en Toronto (época na que se vixía as estrelas moi de preto) ademais de non haber aire frescos en creacións. As súas actuacións eran recibidas con frialdade ou el mesmo saía insatisfeito. Ante o desprestixio no seu país que galopaba en forma de abundante LSD e alcohol volveu a Europa con un novo grupo  The Band of Gypsis. Alí o creador de potentes distorsións e estridentes sons viviría os seus últimas dias ata o 18 de setembro de 1970

As causas da morte segundo o patólogo  Dr. Gavin Thuston foi debido a inhalación dun vómito provocado pola intoxicación de barbitúricos. Era unha evidencia de que Hendrix non se suicidara de aí que se abrise unha o 23 de setembro unha investigación en Westminster para intentar aclaralo.

Pola contra os medios de comunicación o puxeran polas nubes no tocante ao consumo de drogas facendo caso omiso á teoría de morte accidental tras inxestión de drogas. Adicto a cocaína  ou profeta da xeración drogada son uns poucos exemplos dos cariñosos calificativos recibidos á súa morte. Na outra banda encóntranse os fans que fixeron voar das tendas os discos do guitarrista ata esgotar existencias. Fixeron desta morte/suicidio a primeira pedra para o seu culto.

Hai varias persoas que aludiron a que podía ser un suicidio. Unha delas foi Jeanette Jacobs unha antiga girlfriend, moza, aventura, amiga íntima, como lle queirades chamar porque sabíase da existencia de varias mulleres con este sobrenome. Pois ben, aseguraba que se suicidara por ela. Deixando atrás delirios de fama por facerse recoñecer, Eric Burdon (voz en The Animals), tan só dous días despois na BBC aseguraba que se suicidara poñendo como proba unha nota de suicidio que Hendrix deixara, e porque foi rebatida polo representante Mike Jefrey asegurando que era un poema máis e que moitas das súas letras se podían considerar como tales, como notas de despedida.

Falta a outra parte, a que deixa caer que foi un accidente, iso si partindo da base do consumo de drogas. Tocoulle a Monika Danneman unha alemá que pasou con el os últimos momentos, unha girlfriend. O resumo da súa noite é o seguinte:

Chegaron ao seu apartamento (alquilado o 8 de setembro en Londres). Ata as dúas menos cuarto todo foi normal, unha vida de apartamento con música e amenizado cun pouco viño branco. Monika levouno a un piso duns amigos e recolleuno pasadas as tres. Chegaron a súa casa e trala inxestión dalgunha libra de LSD fóronse a durmir. Ela espertou sobre as 10 e foi a comprar uns caixa de cigarros e cando volveu Hendrix xa vomitara. Telefonou a Burdon para pedir  número dun médico. Cando chegou a ambulancia, en vez de botalo na cama para que respirase o sentaron nunha cadeira coa cabeza para atrás inhalando o aroma a vómito.

Levárono ó hospital pero xa ingresou cadáver Polo tanto parece que foi un accidente segundo Monika unha mestura de droga e descoido, aínda que a policía aseguraba que faltaban nove libras dun frasco.

Foi trasladado á súa cidade natal e enterrado en Greeewood o 1 de outubro onde varios músicos tocaron un concerto improvisado na súa memoria.

“Yeah bring me champagne when I`m thirsty

Bring me reefer when I want to get high

Yeah bring me champagne when I`m thirsty

Bring me reefer when I want to get high”

 Muddy Watters; Champagne and reefer (Extracto)

JIM MORRISON (8 de novembro do 1943 – 3 de xullo do 1971)

Jim_Morrison-11

Anticonformismo, desprezo por calquera forma de autoridade, personificación do sexo. Estas palabras son poucas para definir ao rei lagarto. Son definicións máis significativas, se cabe debido a que  seu pai posuía un alto rango da mariña americana (contra – almirante) que dende a súa infancia lle intentaba inculcar tanto disciplina militar como as virtudes americanas. Como se ve, fallou no seu empeño quedando soterrada a relación entre Morrison e a súa familia para sempre.

Como boa estrela de rock debía morrer como morre unha estrela de verdade; vivindo intensamente e deixando un corpo mozo polo cal se darían teorías contraditorias. Aínda así doulle tempo a convertese nun poeta e alcohólico rockeiro de rebeldía probada.

En 1965 Morrison e Ray Manzanrek coñecéronse na UCLA, onde estudaban.Foi no verán, liberado de estudos cando lle dou idea ao que planeara co seu amigo Dennis Jakob; The Doors. O nome tiña orixe nunha famosa frase do poeta inglés William Blake; “There are things that are known and things that are known; in between are doors.”

A medida que ían compoñendo e sobre todo nos concertos nos que destaca o club Whiskey-a-Go-Go o cantante pasou dun carácter reservado a un máis extravertido. De aquí as súas famosas poses no escenario cos ollos semipechados, as mans crispadas no micrófono, un pé enriba da base e un corpo oscilando con movementos suaves pero sensuais e violentos.

A súa música, a música de  The Doors (3), é sobre todo eléctrica pertencente ao universo das cidades. Pertencían aos L.A. onde segundo as súas palabras eran sucesivos cadrados cos mesmos edificios que se repetían un centenar de veces. Non precisa dun condicionamento previo como no caso dos Jefferson Airplane ou os Grateful Dead. É máis subversiva, poesía adaptada ó rock, xa que a maioría das letras aínda que firmadas polo grupo, eran de Jim Morrison. Él era o grupo, había un desequilibrio entre Jim, e os outros tres que eles asumían, xa que extramusicalmente só o rei lagarto era quen daba xogo. A partir de 1965 colleron gran  popularidade nos EEUU, pero en Europa, a partir de 1967 os The Doors pertencían ao culto dunha minoría. Tamén por este ano apareceron no Show de Ed Suvillan.

Morrison daba espectáculo, era un símbolo dos reprimidos e dos santurróns do undeground. As súas posturas eran provocadoras unido ao seu atractivo físico (incluso coa barba). Un claro exemplo é a  denuncia (unha das 4) posterior a un concerto do 1 de marzo de 1969 que versaba así; “Comportamento impúdico e lascivo en público mediante a exhibición das súas partes íntimas e a simulación de actos de masturbación e copulación oral.” O cantante entendía a rebeldía,o desorde, as actividades sen sentido como un sentido de liberdade, precisábase dunha liberdade exterior para ter unha liberdade interior.

Pero Morrison tiña unha debilidade, unha droga legal (que non significa que non probase as ilegais caso da heroína), o alcohol. Bebía todo o que lle caía nas mans; whisky, xenebra vodka, viño, cervexa, coñac… Subía e baixaba  do escenario borracho. Ninguén lle podía dicir o que facer. Estando borracho experimentaba esa liberdade.

Como bo alcohólico tamén lle pasaba factura, aínda que das borracheiras espertábase con enerxía. A súa voz comezou a resentirse pasando a ser unha voz ronca. Así que tamén lle chegou a súa hora aos 27. Todos precisamos un lugar onde descansar e el fíxoo para sempre un 3 de xullo de 1971 mentres se daba un baño de auga quente, aparentemente tras sufrir un paro cardíaco nun apartamento parisino.

Moi misteriosa a súa morte. Só a súa compañeira, Pamela, é un médico viron o corpo antes de enterralo nun cemiterio de París. Parece ser que houbo intentos de reanimación, tralo sacar da bañeira ante unha posible sobredose debido ao xa comentado e lendario consumo de alcohol e en menor medida de outras drogas. Isto foise con Pamela cando o 25 de abril de 1974 morreu dunha sobredose de heroína, aínda que nunha recente entrevista a Marianne Faithfull aseguraba que morreu a causa de Jean de Breiteuil, o camelo dos famosos, que lle proporcionara unha certa cantidade de heroína de aí esa posible reanimación. Este misterio foi a súa particular despedida o seu “This is the end, my only friend, the end” 

“Era Medellín su tierra prometida 
era el polvo blanco su maná y su alegría
no era un camello sino una caravana
la que le pasaba la materia colombiana
era que estudiaba geografía americana
era que amaba a Toni Montana
y era el pegamento y las colas industriales
sus otras pasiones sus efectos personales”

Todo por la napia
snif snif todo por la nariz

Siniestro Total; Todo por la napia (Extracto)

Kurt Cobain (20 de febreiro de 1967 – 5 de abril de 1994)

news_photo_47218_1390597519

Non sei intentar analizar a este personaxe. Quizabes por ser o máis contemporáneo dos cinco, todos coñecen a súa vida, o desgraciado que era, a concepción do mundo que el tiña ou o que realmente lle importaba todo. Neste aspecto non vou aportar nada novo, pero polo menos non me veredes cunha camiseta na que ve a nota de despedida que o cantante deixou tralo suicidio.

Nado en Aberdeen, que curiosamente tiña por aquel entón unha das taxas máis elevadas de suicidios en EEUU. Tivo unha infancia norma ata os 8 anos cando o divorcio de seus pais foi o maior trastorno que sufriu na súa vida. El mesmo o deixa claro na súa nota. A partir de aquí ía pasando coma se fose un saco de lixo pola diversas casas; a de súa nai, a de seu pai ou a de varios tíos. Por se fose pouco tiña como regalo unha bronquites crónica,  escoliose e hiperactividade.

Que pasou entón para que dende ese neno ata o 8 de abril do 1994 o encontrase un electricista cun tiro na cabeza no seu invernadoiro? Moitas cousas. Pelexas matrimoniais, heroína, problemas estomacais, heroína, problema cos servizo sociais (cando foi pai), heroína, xiras co seu grupo, heroína. Non vou a seguir, creo que se ve onde está a clave, aínda que se pode unir tamén seu típico fastío vital tan propio dun adolescente. Hai dous alicerces sobre o que se sustenta a vida de Cobain (coma a de calquera fillo de veciño); a persoal e a profesional cunha repentina fama, sobre todo, a raíz do disco Nevermind  (1991) no grupo Nirvana (non vou a entrar neste campo) Entre medias e uníndoo todo, como se dixo a heroína.

No eido persoal que afectaría ao profesional Kurt Cobain para ben ou para mal vai unido a Courtney Love (líder da banda Hole). Tan so direi que nun dos seus primeiros encontros, en maio do 1991 no Palladium de L.A. saudáronse da seguinte maneira; ela pegoulle un puñetazo na estómago, el devolveullo e comezaron unha pelexa de loita libre. Foi a partir de decembro cando comezaron a vivir xuntos, unha vida inestable.  A odio ca Courtney por parte do grupo foi en aumento, acusándoa de enganchar ao cantante á heroína. A verdade é que se metían xuntos pero parece ser ambos xa a probaran antes é que Cobain o facía intermitentemente dende o 20 anos. Ela cesou na dose cando se quedou embarazada (a primeira reacción do cantante foi que abortara)., pero tranquilos el metíase polos dous. Pódense por algúns exemplos; o día seguinte de nacer a súa filla presentouse no hospital con intención de suicidarse, cando o calmaron citouse cun camelo no mesmo hospital e meteuse tal dose que o camelo o creu morto. Na súa maior época de consumo gastaba o que o caixeiro lle deixaba sacar en metálico; 400 dólares. Compraron un casa en Seattle para ver que si podían coidar da súa filla (estab cos servizos sociais) mais a casualidade e que Cobain tiña o punto forte de yonkis e camelos a 10 minutos a pé. A última curiosidade; o 2 de maio de 1993 foi vítima de tal sobredose que a súa muller lle tivo que cravar, ao estilo de John Travolta a Uma Thurman en Pulp Fiction, un xiringa de buprenorfina.  A isto hai que sumarlle un estraña doenza estomacal que lle facía tusir sangue  Os seus achegados a confundían cos síntomas da heroína incluso, confundíndoo tamén os médicos que lle receitarían metadona

A relación cos demais pois era desastrosa. Prensa, amigos, traballadores das xiras, e mesmo os membros de Nirvana (4) lla tiñan xurada a Courtney pero o rubio de mirada perdida a defendía ata a morte. Entre desintoxicación e desintoxicación o cantante posuía unha paranoia moi forte. Percibía o mundo exterior como un ataque, sobre todo o que viña da prensa. É necesario mencionar que na casa albergaba varias pistolas, que el dicía que servirían como defensa para un hipotético roubo pero o que sí é verdade é que lle gustaba ir ao monte a disparar pero a seres inanimados. Ata que encontrou a súa cabeza.

A súa morte, a pesar da nota suicidio, non convenceu a todo o mundo. A raíz do documental de 1998, Quen matou a Kurt Cobain? deixaba cae dúas teorías. Unha, dun detective que aseguraba que o gran consumo de heroína invalidaba a Kurt Cobain para soster unha escopeta e dúas, a suposta afirmación do Duce (líder dos The Mentors; mellor non escoitalos) que aseguraba que Courtney Love lle ofrecera 50.000 dólares por desfacerse do seu marido. O Duce, negouse pero non podía asegurar que llo ofrecese a outra persoa. Compre dicir que nin sequera o realizador do documental parece que lle convence

(1) Rolling Stone (online), 24 de setembro de 2012.

(2) Bandas das que formou parte;  Big Brother and The Holding Company, Kozmic Blues Band e Full Tilt Boogie Band.

(3) A formación definitiva; Jim Morrison, Ray Manzarek, John Desmore e Robbie Krieger.

(4) A formación definitiva; Kurt Cobain, Krist Novolesic, Dave Grohl

BIBLIOGRAFÍA:

ETXEBARRÍA, Lucía, ¡Aguanta esto! La historia de Kurt  y Courtney… y otros grandes atormentados del rock and roll, Midons Editorial, Valencia, 1996

JACKSON, Buzzy, Disfruta de mí si te atreves, Editorial Alba, Barcelona,2006, pp. 267-308

MULLER, Herve, Jim Morrison y The Doors, Ediciones Jucar, Gijón, 1983

ORDOVÁS, Jesús, Jimi Hendrix, Ediciones Jucar, Gijón, 1982

SHAPIRO, Harry, Historia del rock y de las drogas, Ediciones Robinbook, Barcelona, 2006.

The Rolling Stone (Especial), Número 1, junio, 2014

WEBGRAFÍA:

 http://rollingstone.es/noticias/misterios-del-rock-fue-un-suicidio-la-muerte-de-kurt-cobain/

http://www.elmundo.es/cultura/2014/08/06/53e277ea22601d037f8b458c.html

https://www.youtube.com/watch?v=MfO0ZcwXouU