Arte para engaiolar

“Ovidio foi o meu mestre. Nasón foi o meu mestre”

Con estas palabras, o poeta latino Ovidio, quería que o seu mérito fose recoñecido. Un mérito como poeta do amor, da conquista amorosa, tanto para homes como para mulleres, aínda que con matices, na súa obra Ars Amandi.

Poñámonos en situación para comprendelo. Puvlio Ovidio Nasón, nado en Sulmona, Italia no ano 43 a.C. nunha época de transición. Unha etapa de cambio dende a maneira republicana de gobernar romana ao imperio iniciado por Octavio Augusto, iso sí, con estrutura republicana, debido ao tradicional asco dos romanos pola monarquía. Foi grazas a homes que defendían a República, coma Mario, os que puxeron as bases da morte desta, sendo o exército a clave. O cambio do emperador produciuse en tódolos campos da sociedade; económica, social, política e incluso cultural, regulando costumes, vida amorosa e con leis contra o adulterio, luxo…

 Neste ambiente crece a poesía de Nasón, cognomen dado polo seu nariz, é dicir, un Borbón prematuro. Segundo el foi “Venus quen o escolle para ser o mestre do seu fillo (Cupido)” de aí que deixe o cursus honorum. Cultiva a elexía erótica, amorosa, normalmente compostas para unha muller, real ou inventada, neste caso da misteriosa Corina, e non, non é, por desgraza, un Borbón.

Estatua de Ovidio en Sulmona polo escultor Ettore Ferrari (1845-1929).

Duplicado de 1925 da realizada en 1887 para Constanza, Rumanía, lugar da antiga Tomis.

Educación de Eros (Cupido), Correggio, 1528, National Gallery.

Ovidio como mestre de Cupido. O poeta non está presente no cadro.

Cando gozaba do éxito dos seus poemas na corte imperial foi “desprazado” cara Tomis, unha plaza forte de Asia Menor. O motivo oficial foi a condena do libro o Arte de amar, mais polo 8 d.C. Ovidio dedicábase a outros xéneros máis aduladores da corte. Así pois, este desterramento seguirá sendo un enigma, xa que puido ser por un acto reprobable que presenciou de Augusto ou pola influencia do libro na neta deste, Julia, de vida licenciosa, que algúns lle atribúen a “honra” de ser Corina.

Morto no ano 17 d.C., exiliado da cidade onde os camiños conflúen, deixou no seu epitafio a mención de que a súa obra ía traspasar o tempo, como así sucedeu en libros como As Metamorfosis, Amores, Remedio do amor, Fastos ou na obra aquí analizada, Ars Amandi.

Este poemario, dividido en tres pequenos libros, Ovidio pon ao servizo dos seus lectores unha serie de consellos, baseados segundo el na experiencia. Os dous primeiros libros están dedicados á conquista e a retención do amor da muller por parte dos homes. Pola contra o terceiro, segundo Nasón, foi para “que as fillas de Pentesilea acudan a batalla en igualdade de condicións“, é dicir, darlle ás mulleres os mesmo consellos que nos anteriores dous libros, pero condicionado pola visión da época e dun home. Todo isto está marcado por unhas comparacións con heroes e mitos do pasado, ademais de seres da natureza.

Na primeira parte, dos dous libros para os homes, aborda a cuestión de como encontrar e chamar á atención do seu amor. A partir de aquí, de encontrala, propón para o éxito da conquista unha serie de iniciativas para chamala atención da amada. Así pois, os querubíns de Ovidio, deben acudir a lugares, onde as máis belas mulleres se reúnan, como por exemplo o circo ou o teatro, onde ao haber tanta xente é fácil achegarse a quen se quere. Os seus aprendices deben trabar diferentes actitudes se queren conquistar unha moza ou unha muller madura, experimentada nesas “artes.” Ademais deste pequena introdución, dálles a eles mesmos algúns consellos para aumentar a súa autoestima, como que: todas poden ser conquistadas, facerse amiga da criada (confidente da amada) ou potenciar as calidades que se posúan.

Na segunda parte pon os alicerces de como hai que reter ese amor conseguido no primeiro libro. Ponse en contra dos encantamentos. A súa poesía, como el di, é para os pobres, non para os ricos que poden comprar calquera obxecto, persoa e sentimento. O aprendiz debe adular os defectos da dama con eufemismos e ser case coma un autómata; o que ela diga, comente ou faga, o home debe repíteo. Outros consellos destacables `para asegurar ese amor como marcharse un corto tempo para que a amada suspire por el, ser cultivado na oratoria e en belas artes, negar as túas infidelidades ou que o marido dela actúe ante outros pretendentes.

Unha das tantas portadas ao longo do tempo do Ars Amandi. De: Ediciones Hiperión

A parte dedicada ás mulleres está condicionada. É unha visión partidista, para realzar os seus atributos, polo tanto, para espertar o intres polo sexo contrario. Non llo tomar a mal, é unha realidade da época. Unhas mulleres cunha pouca máis de liberdade con respecto ás gregas, pero consideradas, ao fin e ao cabo, como instrumentos, sen telas en conta. De esta forma, o poeta destaca a importancia dos coidados persoais, unhas pautas de como comportarse segundo a forma física que posúa, ou mostrarse, na medida do que poida en actos públicos. Debe coñecer o “arte do engano” para sacarlle trebellos aos ricos, ou defensa aos xuriconsultos, ademais de comportarse diferente cos vellos e novos galantes (tamén nos homes).

No que sí se pon de acordo o poeta é no disfrute dos amantes. Debe ser recíproco. Que os dous amantes cheguen ao mesmo tempo ao clímax do momento, sen que un ou o outro o faga antes. Se extrapolamos estes consellos podemos darnos de conta de que se cambiamos os lugares, por exemplo en vez de o circo, unha fábrica de borrachos como é a discoteca, unha festa, ou unha simple reunión, calquera de nos, ben sexa home ou muller intentamos impresionar por seres polos cales bebemos os ventos. Así que, se queredes saber máis, non vos roubará moito tempo. Quizais nun viaxe en tren, nunha hora ao calor dunha cociña de leña, ou nunha biblioteca mentres ves pasar ao ser querido. Vós elixides ser os alumnos/alumnas de Nasón

Por certos déixovos uns extractos do poema que andando dous milenios no tempo seguen a ser tan normais coma na Antigüidade:

“…A claridade vaga das lámpadas, a noite e o viño extravían o xuízo sobre a beleza…”

” (Tras beber viño)…reina a alegría, o pobre, entonces créese rico, e entonces a dor e os tristes coidadosos desaparecen…”

“…Venus e Fortuna alentan aos audaces…”

“…as disputas son a dote do matrimonio”

“…un home educado nunca e inoportuno…”

“…Hoxe anunciamos as nosas andainas nocturnas e nada se paga a tan alto prezo como o pracer de que as saiba todo o mundo”