Os ollos da Noitábrega

20150814_172546-1

Abel Lorenzo Rodríguez (Vigo, Galicia, 1995): estudante de Segundo Grao na Facultade de Xeografía e Historia onde estuda Grao de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Interesado en temas sociais ademais de en tódolos eidos da cultura medieval e a creación artística, considérase un humanista radical. Galardoado dúas veces polos poemarios  Transitio (1º Premio na súa categoría do Certame Francisco Añón 2013) e Klein Schloss (1º Premio na súa categoría no Certame María Soliño 2013) ambos publicados en 2014.  É integrante como gaiteiro do grupo de “folk de cámara” Moxenas Musical Galego. Aficionado ó órgano ou ó piano como á aprendizaxe de linguas, embárcase na aventura de NOITÁBREGA.

11695787_505668369586316_7161647799488434376_n

Adrián Feijoo Sánchez (Bergondo,1995): estudante de Segundo do Grao de Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Desde pequeno estivo interesado en cousas tan fútiles coma o debuxo, o cómic e as curtametraxes. Tamén se inclinou pola creación literaria, resultando gañador (e sobre todo, perdedor) de varios certames de relato curto. E un amante do cine, da literatura, da televisión, da arte e do humor zafio e groseiro. Busca en Noitábrega non só un medio para expresar as súas ideas, senón tamén unha oportunidade de mellorar as súas aptitudes e o seu estilo de escritura.

IMG_20150913_003640

Javier Domínguez Oubiña (Baión – Vilanova de Arousa, Pontevedra, 1994): bo día, damas e cabaleiros! Aquí se presenta un dos miles de estudantes da USC. Adscrito está, con furibundo fervor, ao Grado de Historia, neste momento cursando 3º. Asiduo ás cañas, viños e conversas en calquera bar do mundo. Home, ou iso din, mediocre, creador de nada; sen participación, sen premios, nin trascendencia en ningures. Home borde sobre o seu propio abismo quitándolle a excesiva vaidade ao ser humano, porque como mencionaba Al Pacino no final da película “Pactar con el diablo”; “La vanidad es mi pecado favorito.” De Noitábrega espera que resista ao paso do tempo.

Sin título

Alexandre Balboa Cintrón (Pontevedra, 1994): A pesar de nacer e criarse as beiras do río Lérez sempre se sentiu moi preto da orixe portorriqueña que lle ven por parte da súa nai. Dende que era un rapaciño comezou a ler todo o que chegaba as súas mans e adoraba sentarse ao carón dos seus avós para ver películas clásicas tirado no chan e cunha manta, así foi como xurdíu o seu interese polo sétimo arte. Despois de comezar a carreira de Ciencias Políticas chegou a evidente conclusión de que a Historia sempre fora a súa paixón, de maneira que con toda decisión matriculouse por fin na Facultade de Xeografía e Historia da USC, onde esta vez sí atopou o seu sitio. Viaxeiro incansable, non dubida en coller a mochila sempre que pode para recorrer novos lugares ou volver a visitar aqueles que o abraiaron en anteriores visitas. Súbese ao tren de Noitábrega coa intención de difundir a cultura que o fascinou ao largo destes anos e mais dos que quedan por chegar. Sapere Aude!

10644981_679625508799365_8793583554379479790_n

Adrián de la Fuente Díaz (A Coruña, 1995): estudante do Grao de Historia na Facultade de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Interesado nos tempos pasados dende a infancia, o Mundo Antigo en xeral, e Roma en particular, son os seus eidos de máis interese. Ademáis, é un namorado do cine que está a descubrir o fascinante mundo da arte e a literatura.